Principal.jpg

Dentro das actuacións impulsadas polo Goberno local para a mellora integral de espazos públicos como rúas, avenidas e prazas, o Concello acaba de incorporar ao seu parque móvil municipal unha máquina varredora profesional ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña de concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021.


Ao noso concello foille concedida pola Xunta de Galicia unha subvención por importe total de 69.701 euros para a adquisición dunha varredora profesional para limpeza.

 

FOTO 2.jpg

Este novo equipamento vén a reforzar o servizo de limpeza e mantemento, dando un paso máis no plan de mellora de beirarrúas, rúas e zonas verdes do noso municipio.

powered by social2s

A fin de semana, do 3 ao 5 de setembro, Negreira celebra a súa décimo cuarta Feira do Románico na contorna do Pazo do Cotón. É por isto a partir do xoves día 2 as 13.00 h, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao trafico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.

 

As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e Rúa do Carme onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estarán a zona infantil así como a tirolina. A zona da Capela do Cotón e ao Campo da Feira resérvanse para os espectáculos e demostracións.

 

Será esta unha edición onde o protocolo establecido pola Covid estará moi presente, polo que se fai un chamamento aos visitantes para que sigan as normativas e recomendacións sanitarias como o uso de mascarillas e distancia interpersoal.

 

A celebración comezará o venres as 18:00h con actividades variadas e un gran espectáculo de lume na praza do Cotón denominado “ A Forza da Queimada” programado no campo da feira para ás dez da mandos especialistas Hípica Celta.

 

Para o sábado ás doce do mediodía cando as autoridades locais e a Corporación Municipal inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Cuca Cantillo que estará na Praza do Cotón á unha. Pola tarde, o Fakir “Flakin” ocupará o mesmo lugar para ofrecer unha sesión de malabares e humor dirixida aos máis pequenos da familia ás sete e media. Unha hora máis tarde, o campo da feira acollerá unha das citas máis importantes do Románico: o gran combate medieval a mans da compañía Hípica Celta. Pola noite, batucada “Olodum do Coio” de Grimorium e mostras de pirotecnia por Asaco Circo na praza do Cotón a partir das dez e cuarto.

 

O domingo a feira abre ás once con máis pasarúas da man de Turdión e Hípica Celta. O ambiente medieval continuará ás doce coa actuación musical “Canta Compaña” na Capela e as acrobacias de Cuca Cantill, que se estenderán ata as sete e media. Para rematar, teatro a pé de rúa con Troula Animación e a mostra “Errantes”.

powered by social2s

 O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o Programa Madrugadores que se desenvolverá nas instalacións do CEIP O Coto.

Está dirixido a familias con menores de 3 anos a 12 anos durante o curso lectivo 2021-2022 e terá prazas limitadas.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde de inscrición e os seguintes criterios recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP do 7 de maio de 2021):

1º criterio.- Familias con menores empadroados no Concello de Negreira.
2º criterio.- Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º criterio.- Familias numerosas.
4º criterio.- Familias monoparentais.
5º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
6º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

 

Documentación a aportar:

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.
- DNI dos responsables do menor.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Declaración de IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.
- Acreditación da situación laboral dos proxenitores e dos criterios de adxudicación de prazas. 

 

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

O desenvolvemento do programa Madrugadores realizarase seguindo un estricto protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a COVID-19.
As solicitudes poden presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello.

Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira, solicitando cita previa no número de teléfono 981 886320/662370448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 24 ao 31 de agosto de 2021. 

powered by social2s

Este venres, día 27, celebrarase o Festival de Folklore de Negreira no patio interior do CEIP O Coto ás oito da tarde. Actuarán o grupo de Baile Xilbarbeira, de Boiro, a Colha de Santa María de Mijarán, do Vall d’Arán, e a Asociación Folklórica Veiga do Cotón de Negreira. A asistencia ao festival é de balde, máis cómpre rexistrarse nunha ligazón dispoñible nas redes sociais do Concello de Negreira.

Ao día seguinte, sábado 28, actividades urbanas e actuacións musicais no Wakau Urban Fest. A Vella Escola de Noia organiza mostras de graffiti, parkour, skate park e waterslide ás cinco da tarde e obradoiros de DJ, de estampación de camisetas e de breakdance ás seis e media. A partir das dez e media da noite, o patio interior do CEIP O Coto acollerá as actuacións de Monoulious DOP, FØ Records, Siete Veinte e Bassi.

O domingo 29, espectáculo de maxia na praza do Concello co gran David Maestro. O mago, coñecido a nivel nacional polas súas numerosas aparicións en programas de televisión, presentará a X Gala de Maxia para todos os públicos e xogará coas mentes dos achegados facendo un espectáculo de ilusionismo incluido na súa xira máxica de verán.

 

powered by social2s

mercado saldos.jpg

 

A Asociación de Empresarios de Negreira (ENE) organiza por segundo ano consecutivo o mercado de saldos para potenciar o comercio local e impulsar a economía do Concello. Catorce establecementos do municipio ofrecen as mellores ofertas:


Lúa Moda, Estipel, Bárbara Torres, Lunares y Pecas, María Recarey, Abraham Fotógrafas, Grupo Chancela, Garsport, Katarina, Presume Bambino, Gran Vía, Breogán Deportes, We Are B e Antonio Baliñas S.L.


Durante esta fin de semana, os achegados poderán beneficiarse de descontos de ata o 70% en todo tipo de seccións, dende roupa de tempada e elementos de decoración ata automóviles.


Despois de cada venda, os usuarios obterán vales para trocalos por lotes de produtos ou actividades lúdicas. A partir de hoxe, a ENE disporá xogos de animación polas rúas, pintadas, globoflexia e inchables na praza do Concello para os nenos e nenas.


Ademais, a semana que vén organizará un sorteo entre todos os tickets de compra xerados nos locais participantes entre os días 11 e 22 de agosto para agasallar a tres deles cun bono de cen euros para gastar en tenda. Os afortunados anunciaranse dende Radio Negreira o próximo venres.

powered by social2s