O Concello de Negreira informa que co gallo da celebración da Festa de San Xoán, a noite do xoves día 23 de xuño, todos aqueles particulares e asociacións de veciños que desexen realizar unha fogueira, precisan dunha autorización municipal para realizar devanditos lunes, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante a noite máxica do San Xoán.

 


O Concello informa a tódolos interesados que deberáse recoller e formalizar as solicitudes, no Rexistro Xeral da Casa do Concello. Devandito prazo de rexistro de solicitudes remata o xoves día 22 de xuño. 

powered by social2s

O Concello de Negreira fai saber, que con motivo da celebración este sábado, día 11 de xuño, do I Tríatlon Solidario ¨Concello de Negreira¨, entre as 16.00 e as 19:00 horas, permanecerán totalmente cortadas ao tráfico as seguintes rúas e accesos á vila:

 

Estrada provincial Urdilde-Negreira, dende Ponte Insúa; Abeanca; rúa Malecón (campo da feira); Vilachán de Abaixo; Vilachán de Arriba; avenida de Vilachán; avenida de Barcala; Camiño Vello; avenida de Santiago; Arieira; A Barquiña (estrada autonómica AC-447); subida ata A Chancela (dende A Barquiña); e dende Fontán até a Abeanca, así como toda a Carreira de San Mauro; rúa do Carme; rúa da Cachurra e toda a Praza do Concello.

Para que o evento que contará coa participación de 250 deportistas de toda Galicia poida desenvolverse con normalidade e a máxima seguridade dos participantes, o Concello de Negreira prega a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

powered by social2s

O traballo realizado durante o presente curso pola aula de infantil A do Colexio do Coto, cos nenos e nenas de 4 anos, vén de vela luz coa exposición fotográfica ¨Os ceos de Negreira¨, a cal pódese ver ata o 15 de xuño, na pranta baixa do Centro Sociocultural.

 

A súa mestra, Sandra Maceira, agradece a colaboración das familias sen as cales sería imposible levar a cabo este proxecto que contounos en qué consistiu: «Durante todo o curso, cada nenos levou para a súa casa unha cámara de fotos durante unha semana e, necesitaban sair cos seus pais a facer fotografías dos ceos de Negreira como eles quisexen, sempre e cando se visen os ceos». Coa recopilación de todo ese material elaborouse a mostra, imprimindo as imaxes nun tamaño grande, e hainas espectaculares e maravillosas que recomendamos pasen a velas», segundo indicou en Radio Negreira.

A inauguración da mostra contou coa presenza da concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, quen cualificou de «agasallo» todo o traballo realizado «enchendo de cor, de vida e, que de paso imos a saber a aprender moito da súa experiencia».

powered by social2s

Este sábado, o Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolle a xornada de clausura da presente tempada das Escolas Deportivas do Concello de Negreira, nas que veñen participan arredor de 400 persoas, en especialidades como o kárate, o fútbol sala, o tenis, o atletismo, patinaxe, baloncesto ou a ximnasia rítmica.

 

As actividades comezarán ás 15.30 horas cun partido triangular de fútbol sala Prebenxamín (2009/2010), e rematarán ás 20:00 horas, coa exhibición de ximnasia rítmica. A xornada incluirá a partir das 19:00 horas unha exhibición de ximnasia acrobática, a cargo do Clube Ximnasia Pontevedra.

Tralo peche da tempada das Escolas Deportivas Municipais, a partir do 15 de xuño comezará a campaña estival, coa apertura en horario de tarde das instalacións da piscina municipal do Parque do Coto e, xa no mes de xullo, os cursos de natación.

10º Día da Bicicleta

O sábado día 25 de xuño pola mañá, celébrase o décimo Día da Bicicleta. A concentración será a partir das 10:00 horas na chaira a carón do instituto Xulián Magariños. É unha actividade aberta a tódalas idades, con dous percorridos: o de infantís, de 1.200 metros e con saída ás 10.30 horas; e o de adultos, de 10.000 metros que sairán ás 11:00 horas. O remate das dúas marchas será no campo da feira. Hai que anotarse na Delegación de Cultura e Deportes, polas mañás, ou no número de teléfono: 981 885 886.

Ese mesmo sábado, pola tarde, vaise celebrar o IV Trofeo Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, a través dun circuito urbano, con saída e meta na avenida das Brañas, cuxa organización corresponde ó Club Ciclista Negreira.

powered by social2s

Abriuse a presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017, estendéndose até o venres 17 de xuño de 2016 nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

 

Se a pasada tempada se dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar a nova solicitude, xa que logo,  o Imserso remitiu carta para a renovación de datos que recibirían ou recibirán en breve as persoas beneficiarias. Se viaxa a traves do convenio do Concello xa recibirá carta aproximadamente no mes de outubro.

No caso de acceder por primeira vez ao programa ou se a persoa renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar nova solicitude; para estes casos recoméndase, pola súa sinxeleza e rapidez, que a solicitude se presente telemáticamente a través da Sede Electrónica do Imserso ou se pase polo departamento municipal de Servizos Sociais.

No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 17 de xuño e até o día 1 de decembro de 2016, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.

powered by social2s