A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o próximo día 12 de setembro de 2016 ás 21.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación:

 

Orde do día:

Punto Primeiro.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº 138/2016 ata o Decreto
nº 182/2016, ámbolos dous inclusive.

Punto Segundo.- Programa de vivendas baleiras.- Designación dos representantes municipais na Comisión de Seguimiento e Coordinación do correspondente Convenio de Colaboración.

Punto Terceiro.- Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

Punto Cuarto.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Punto Quinto.- Aprobación inicial, se procede, de modificación orzamentaria municipal por transferencia de créditos.

Punto Sexto.- Dación de conta do escrito de agradecemento presentado polo Presidente da Unión Barcalesa de Covas.

 

Punto Sétimo.- Rogos e Preguntas.

powered by social2s

O Concello pon en marcha un ano máis as Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre os máis xovenes.

 

ESCOLAS DEPORTIVAS; APRENDER COA ACTIVIDADE FÍSICA.

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo, Aerobic, Baloncesto, Multideporte, Patinaxe, Predeporte, Tenis, Ximnasia Rítmica, Ximansia de Maiores e Ximnasia de Mantemento.

 

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous Coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

ESCOLAS CULTURAIS; FOMENTANDO A CREATIVIDADE.

 

Un dos maiores compromisos nos últimos anos, foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a oferta, para esta tempada estanse a ofertar os seguintes cursos:

- Obradoiro de Danza Tradicional

- Escola Municipal de Teatro.

- Informática

- Costura

- Pintura e Gravado

- Canto

 

Para facer efectiva a inscrición deberase cubrir a folla de inscrición e pagar na Conta do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos teráse que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes, o prazo remata o 7 de outubro.

 

 

 

powered by social2s

O último venres do mes de agosto celébrase unha nova edición da Gala de maxia incluida na programación do Verán Cultural 2016 do Concello de Negreira. A cita é no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 21:30 horas, coa participación de tres magníficos magos: Kilo Pastur; Román García e Cayetano Lledó.

Un espectáculo único e para a toda a familia que poderedes desfrutar este venres 26 de agosto, grazas ao Concello de Negreira e maila Deputación de A Coruña.

powered by social2s

 

Remata agosto, e rematan a meirande parte das actividades para o tempo de lecer no verán promovidas dende o Concello de Negreira.

Este mércores ponse punto e final aos obradoiros Diververán que viñéronse celebrando polas mañás no Centro Sociocultural, dende o primeiro de xullo e, tamén clausuranse os cursos de natación na Piscina Municipal.

Festa na piscina

No relativo á festa de clausura dos cursos de natación, este mércores a partir das 10 da mañá terá lugar a entrega de diplomas e agasallos para todos os participantes nos cursos celebrados este mes. Xa pola tarde, a partir das 16 horas haberá inchables e xogos para todos os nenos con Infantilandia, que inclúen: Tobogán e Acuático cactus, ademáis de actividades como escalada polo tobogán, fútbol 3x3, xunto cunha Festa da Espuma e un Castelo Babe. Tamén haberá un pequeño tentempé para tódolos nenos e nenas.

E como colofón a unha xornada chea de actividades, o mércores a partir das 21:00 horas péchase o programa Cultura a pé de rúa, co espectáculo Bicirco, no Parque do Coto.

Cine na rúa

Dentro do programa Cine na rúa, este martes proxéctase o filme Aviones. Equipo de rescate, a partir das 22:00 horas, na Praza das Brañas.

powered by social2s

powered by social2s