Postal Nadal.jpg

O Concello de Negreira difundiu nas súas RRSS (Facebook, Instagram e X), a mensaxe do Alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, que en nome da Corporación Municipal de Negreira felicita o Nadal e deséxalles á veciñanza, amigos e visitantes, un próspero 2024.

 

No presente Nadal escolleuse unha imaxe do Pazo do Cotón, iluminado especialmente para estas festas.  

Cos mellores desexos, o Concello de Negreira deséxalles que teñan un Bo Nadal e un ventureiro ano 2024.

 

powered by social2s

C2.JPG

O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.

 

Autorízase a ampliación de dúas horas dos horarios sobre o límite de peche establecidos para cada categoría do local, abertos ó público, así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas de Noiteboa (día 24 de decembro de 2023), festa de Aninovo (día 31 de decembro de 2023), e noite de Reis (día 5 de xaneiro de 2024), respectivamente.

 

Attachments:
Download this file (Decreto horarios.pdf)Decreto horarios.pdf
powered by social2s

1695115493243 (1).jpg

1695115493089.jpg

 

powered by social2s

DSC_0663.jpg

O escritor e poeta, Francisco Javier Fernández Dávila, de Panxón, no concello pontevedrés de Nigrán, co poemario: Palabras mortas, baixo o pseudónimo Améndoa periférica, resultou gañador do duodécimo Certame de Poesía Xosé M. López “Ardeiro”, convocado polo Concello de Negreira e coa colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia.

 

O resultado do xurado foi por maioría e segundo detallou a súa secretaria, María Rey, o xurado valorou: “Unha proposta na que desde unha tradición perfectamente integrada e asumida, se ofrece unha visión orixinal e coherente, que recolle o testemuño persoal e asumindo a voz dunha colectividade de hoxe en día», afirmou.

 

FOTO 1.jpg

 

Para Francisco Fernández Davila é un premio moi especial, dixo. “Gústame especialmente este certame porque é froito do amor. Pode ser cursi falar de amor, pero é a verdade”, segundo sinalou o gañador, quen tivo palabras para o outro finalista e animóuno a seguir tentándoo porque él xa estivo na mesma situación hai tres anos cando foi finalista do premio.

 

Este premio está dotado de 2.500 € en metálico que entrega o Concello e, o gañador recibirá 300 exemplares da edición do poemario que publicará a Xunta de Galicia. O gañador xa ten no seu haber numerosos premios: o de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, en 2017 e o XVII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, do Concello de Noia, coa novela Alana, no ano 2018, entre outros.

 

O outro finalista foi Francisco Vila Díaz, de Monforte de Lemos, coa obra: Estanque de tormentas, presentada baixo o pseudónimo Perséfone. Obtén un premio en metálico de 500 euros. Francisco Vila explicou que a súa obra trata da “dualidade” no proceso creativo entre vida e morte porque dixo “eu coido que todos os nosos actos son en realidade creativos e con cada un deles nos achegámos un pouquiño á morte”, subraiou.

 

FOTO 2.jpg

No acto celebrado este 20 de Nadal no auditorio Afonso Eanes do Cotón, na véspera do dezaséis cabodano do poeta de Logrosa, participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, quen sinalou que o certame “honra á persoa que leva ese nome e apelidos e ademais, permite darlle recoñecemento á creación e poesía en lingua galega”. Congratulouse o director xeral da “gran cantidade de traballos que se están a presentar aos diferentes certames en Galicia, porque a situación literaria en Galicia favorecue moito a creación, e estimulou moito aos creadores a presentarse aos premios”.

 

Pola súa banda, o alcalde Manuel Ángel Leis Míguez, salientou que o Concello de Negreira vai tentar coas demais administración, que Xosé Manuel López Gómez “Ardeiro”, sexa tido en conta para dedicarlle o Día das Letras Galegas, tal e como expresou antes no seu desexo, Francisco Fernández Davila.

 

Encargouse de amenizar o acto, a cantante Judith Cundíns. O xurado do certame estivo composto por: José Antonio Ponte Far, como presidente; María Rey, como secretaria; e os escritores e críticos literarios Xulio López Valcárcel; María López Sández e Diana Varela.

 

powered by social2s

Proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de emprego: "Constrúe en verde 2023"

 

Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas candidatas a docentes, titor/a e director/a do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023. 

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

30 de novembro

Fanse públicos os resultados provisionais totais do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro dual Constrúe en verde 2023. 

O prazo para presentar alegacións estará aberto ata o venres 1 de decembro ás 14.00 horas.

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

29 de novembro

Fanse públicos os resultados da proba escrita do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro de emprego dual Constrúe en verde 2023.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto ou premendo nesta ligazón

 

22 de novembro

Fanse públicos as bases do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023 poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste ligazón.

 

powered by social2s