velutina_negreira.jpg

 

O Concello de Negreira, xunto co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, alertan de que cada vez é máis habitual a presenza da vespa asiática velutina nos nosos montes e que hai que telo en conta á hora da planificación dos traballos forestais.

Recomendan, antes de comezar os traballos, realizar un recoñecemento exhaustivo da parcela e comprobar que non existen niños de velutina na zona. No caso de que si que houbera algún, aconsellan non achegarse a menos de 5 metros del e chamar ao 012 antes de intentar atacalo ou cortalo.

Se se produxera algún ataque, é importante fuxir o antes posible, buscar un refuxio e intentar evitar que as velutinas ataquen nas zonas máis sensibles da cara como pode ser a zona dos ollos ou o pescozo. Recordan que ás velutinas atráenas os movementos bruscos, por iso non se deben axitar os brazos para espantalas. Ademais, as vespas asiáticas esmagadas emiten un cheiro que capta a máis velutinas.

Por outra banda, se se presencia un ataque, non hai que achegarse para intentar axudar a vítima. O que se debe facer é chamar ao número de emerxencias, 112, onde te informarán de como se debe actuar e avisarán aos medios necesarios para que se trasladen ao lugar correspondente de ser preciso.

 

fotoRomanicoA1.jpg

 

Rematada a duodécima edición da Feira do Románico, dende o Concello de Negreira queremos agradecer a participación do público e dos comerciantes e os artesáns presentes na mesma, así como a implicación das asociacións do concello e dos veciños e veciñas, colaborando coa ambientación do mercado nos seus balcóns e facilitando o desenvolvemento da feira.

 

fotoRomanicoA2.jpg

 

Atrás quedan tres intensas xornadas en que Negreira regresou ao pasado, vivindo e disfrutando unha festa que gozou da animación de músicos e seres doutra época, e dos espectáculos de lume, acrobacias ou aéreos, así como cómicos ou de títeres, e a gran aceptación que tivo entre os máis novos a tirolina xigante de 85 metros de longo, xunto ao espectáculo pirotécnico na medianoite do sábado e, un fin de festa acorde á feira co desfile de teatro de rúa ¨Subumbra¨, da compañía Troula Animación como clausura do Románico 2018.

Festa_da_auga.jpg

 

Agosto péchase con dúas citas importantes no programa do Verán Cultural como son a Festa da auga e maila sétima edición da Gala de maxia.

Este venres ten lugar unha nova edición da Festa da auga, na piscina municipal do parque do Coto, desde as catro da tarde onde haberá xogos inchables, música e a festa da escuma. A entrada ó recinto é de balde.

E no Auditorio do Centro Sociocultural, desde ás 22:00 horas teremos a sétima Gala de maxia. Para esta edición contamos coa presenza do mago Xacobe, quen será o encargado de presentar e dirixir unha gala na que estará acompañado polos magos Kaito e Romarís. Trátase dun espectáculo dirixido a tódolos públicos.

Setembro

O último mes do Verán Cultural preséntase moi animado. Comeza co primeiro Torneo de Pádel, do 4 ó 14 polas tardes no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, e continúa o mércores día 5 cunha actuación musical moi singular, a de Jodler Klub, quenes interpretan música folk de orixe suizo. A cita será a partir das 20:30 horas, na Praza do Concello.

Resto do programa

Cultura a pé de rúa (venres 7). Parque do Coto (20:30 horas), co espectáculo Welcome, da compañía Duelirium (equilibristas).

Ruta de sendeirismo (sábado 8). A devesa de Anllares, de 12 quilómetros. Saída en autobús ás 8:30 horas dende a rúa de Castelao.

XII Día da bicicleta (sábado 15). A partir das 10:00 horas con saída desde a rúa de Castelao e chegada no Campo da Feira.

Actuación de Mamá Cabra (sábado 15). Ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

Festival de Bandas de Música 2018 (domingo 16). Dende as 19:00 horas na Praza do Concello. Actúan: Banda de Calo (Teo); Banda de Visantoña, e Banda Ateneo de Negreira.

XII Andaina Popular (sábado 22). Saída ás 9:00 horas dende o Campo da Feira, cun roteiro de sendeirismo de aproximadamente 25 quilómetros polos montes e sendeiros do concello.

Obradoiro de instrumentos (martes 25). Ás 18:00 horas na Biblioteca municipal.

Portor_iglesia2_negreira.jpg

O 15 de setembro terá lugar a Ruta do Románico polos concellos de Negreira, a Baña e Val do Dubra. Visitaranse as igrexas de Santa María de Paramos, Santa Maria de Portor, Santa Baia de Lañas e San Pedro de Gonte.

 

O autobus sairá dende Negreira, dende o Bar Celta, as 10 da mañá, dende Ceilán na parada do bus as 10 e cuarto e dende a Igrexa de Paramos as 10 e media.

 

Para máis información e para as inscripcións, pódese contactar cos concellos de Negreira no número 981 88 58 86, a Baña no 981 886 777 - 981 886 501 ou co do Val do Dubra no teléfono 981 889 000 na extensión 131.

galeuropa.jpg

Listaxe de admitidos definitivos Galeuropa

 

margarida18.jpg

Confirmanse as actuacions previstas para festas de Santa Margarida de Negreira a celebrar no 16 e 17 de setembro.

 

A primeira xornada será na honra á Virxe das Dores. As 12:00 haberá misa rezada na Capela do Cotón e as 19:00 horas na praza do concello celebrarase o Festival de Bandas no que participarán a Banda Ateneo de Negreira, A Banda de música de Calo de Teo e a Banda de Música de Visantoña. A noite estará amenizada pola orquestra Superfama.

 

O luns 17 a festa será na honra de Santa Margarida. A misa será as 12:00 horas na Igrexa Parroquial e haberá pasarrúas a cargo dos grupos de gaitas Veiga do Cotón e @s Jaitas Blue. A partir das 22:00 horas a sesión da noite será a cargo da orquestra Olympus.

 

Tanto domingo coma luns, haberá unha pulpeira no campo da feira.

malecon.jpg

A Deputación da Coruña publicaba na xornada de onte o anuncio de licitación das obras de mellora da seguridade vial na estrada DP 1302, no noso termo municipal, que suporán un investimento de 75.398 euros.

 

Os traballos consistirán na construción dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón. Para elo levarase a cabo previamente a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O primeiro tramo da senda contará con novas beirarrúas pola marxe esquerda, con ancho variable en función do espazo dispoñible. O segundo tramo, que discorrerá pola marxe dereita (no esquerdo xa hai beirarrúas) diporá dun ancho total de 1,20 metros, discorrerá a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e contará con sistema de recollida de pluviais. Finalmente no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorerrá pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cortón. Todas as obras están adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas.

 

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público poden facelo ata o vindeiro 1 de outubro.

esc_dep_18.jpg

O Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

diabici1.jpg

Este sábado celébrase na capital do Val de Barcala, a edición número 12 do Día da bicicleta, un evento referente na nosa comarca, no que todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo e refrixerios. Igualmente, ao rematar o percorrido haberá un sorteo de agasallos e de dúas mountain bike, por xentileza de Comercial Antelo e Comercial Vigo.  

 

É necesario que a veciñanza interesada en participar faga a súa inscrición previa antes do venres 14 de setembro, na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ó número de teléfono 981 885 886 ou no enderezo de correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

diabici2.jpg

 

Como nas once edicións anteriores, a concentración será a partir das 10:00 horas na parte final da rúa de Castelao. A saída infantil efectuarase ás 10:30 horas sobre 1,2 quilómetros, entre a saída e mailo campo da feira, a través da propia rúa de Castelao, a do Carme e maila Carreira de San Mauro.

 

Lembramos que o uso de casco é obrigatorio para tódolos participantes nun evento de cuxa seguridade encargaráse a Policía Local e voluntarios de Protección Civil.

torneobaloncesto18.jpg

Este sábado dende as cinco da tarde vaise disputar na polideportiva do Parque do Coto, un torneo de baloncesto para categorías base organizado polo clube baloncesto Porto do Son, en colaboración co Concello de Negreira.

 

As categorías participantes son: Preminibasket; Mini masculino; Mini feminino; Infantil masculino e Preinfantil feminino, pertencentes aos equipos da Escola de Baloncesto de Negreira, do clube baloncesto Porto do Son, do clube baloncesto Outes e a Escola do Concello de Brión.