casaconcello250618.jpg

O Concello de Negreira súmase aos actos da semana do orgullo 2018 coa colocación de sendas bandeiras arcoíris, que ondean na Casa do Concello e maila Casa da Cultura, así como cun acto este xoves 28 de xuño, no Día Internacional do Orguio LGTBIQ.

 

Esta actividade consiste nunha mostra de graffiti e muralismo, a cargo de Asten, artista da asociación Vella Escola, especializada en arte urbán. Este acto terá lugar este xoves 28 ao mediodía no Parque do Coto, polo que convídase á veciñanza a achegarse e desfrutar en directo da realización desta obra mural, cuxo traballo comeza o martes 26.

 

Dito graffiti xira entorno á temática do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ, incluíndo referencias á igualdade.

casacultura250618.jpg

corteauga.jpg

Infórmase que debido aos traballos de limpeza anual do depósito municipal de augas da Chanceira, o martes día 3 de xullo, procederase ó corte do fornezo de auga da traída municipal, dende as 15:00 ata as 20:00 horas, e que afectará aos seguintes núcleos:

 

- Zas

- Gonte

-Gándara

- Maio Pequeno

-Escola Unitaria de Río Seco

 

A rede considerase en presión a tódolos efectos xa que estes traballos poderían levar menos tempo do previsto. O servizo municipal de augas pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar, e para calquera dubidan convidan a chamar ós teléfonos 981 88 15 69 e 626 98 69 41.

compartimos_logo.png

A Deputación da Coruña convida a asistir ao foro de diagnose do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca da Barcala, este mércores día 4 de xullo, ás nove da mañá, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Este proxecto ten como finalidade realizar un estudo de diagnose das políticas de igualdade entre mulleres e homes, e de prevención da violencia de xénero na provincia. É un plan de acción dirixido a establecer liñas estratéxicas de actuación a nivel provincial.

 

No afán de que ¨Compartimos Plan¨ sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, está orientado á participación do tecido asociativo, centros educativos, centros de saúde, ou corpos de seguridade.

 

É importante que todas as persoas que asistan a este foro confirmen a súa asistencia a través da web: compartimosplan.com

adosportada3.jpg

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), informa do desprazamento á vila de Negreira das súas unidades móbiles, o mércores 4 e xoves 5 de xullo, de 15:30 a 21:00 horas, estacionando diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao.

 

ADOS lembra que hai moitas persoas nos hospitais galegos que precisan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia.....

 

Cada día precísasen 500 doazóns de sangue en Galicia de tódolos grupos sanguíneos. Comparte saúde e doa sangue.

queimas020718.jpg

A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comezou este domingo 1 de xullo, e por primeira vez estenderase ata o 31 de outubro. Isto conleva a suspensión sistemática dos permisos de queimas agrícolas e forestais no monte, se ben é certo que esta prohibición poderíase levantar no mes de outubro se as condicións meteorolóxicas o permitisen.

 

A decisión de estender a tempada de alto risco decidiuse despois de que nos últimos anos as condicións meteorolóxicas en outono fosen favorables para a propagación de lumes. Lembramos que o operativo está xa dispoñible e a pleno rendemento, incrementando tamén a prestación do servizo dos fixos-descontinuos da Xunta e as brigadas de Seaga e Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses ata o 31 de outubro.

 

A Consellería do Medio Rural pide o máximo compromiso contra os incendios forestais na loita contra a actividade delituosa incendiaria, denunciando estas accións cando teña coñecemento delas, e lembra que está a disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar un incendio forestal.

 

Asemesmo, inciden en que as persoas que se acheguen ao monte nestas datas extremen as precaucións e eviten calquera práctica que implique risco de lume.

proc_sancristovo020718.jpg

Conta atrás para a celebración dos festexos de verán na vila de Negreira. Do xoves 5 ó domingo 8 de xullo, cuxo programa desgranamos para estes catro días de festa na capital do Val de Barcala:

 

Xoves 5

Comezo das festas ás 23:00 horas na praza do Concello, coa verbena a cargo da orquestra Olympus de Negreira e mailo grupo América de Vigo.

 

Venres 6

Festivo local en Negreira. Ás 10:00 horas pasarrúas coa agrupación musical Tíralle do aire.

Ás 13:00 horas - Concerto da Banda Ateneo de Negreira, na rúa do Carme.

Ás 20:00 horas - Pasarrúas con Tíralle do aire.

Ás 23:00 horas - Sesión de noite coas orquestras Kubo e Finisterre, na praza do Concello.

 

Sábado 7

Ás 12:00 horas - Misa na honra a San Cristovo, na capela do Cotón. Ao rematar, comezará á procesión motorizada pola Abeanca, A Chancela, avenida de Santiago, As Brañas, avenida de Barcala, rúa da Cachurra e Carreira de San Mauro. Posteriormente, xantar campestre no Refuxio de Covas.

Sesión vermú co grupo de gaiteiros Fumes de cal, de Cee.

Ás 17:00 horas - Torneo de Chave, na praza das Brañas.

Ás 20:00 horas - Pasarrúas amenizado pola charanga Os Celtas.

Ás 23:00 horas - Verbena coa orquestra Santiago e Johnny Maquinaria, na praza do Concello.

 

Domingo 8

A partir das 10:00 horas comeza a XIV Feira Cabalar, na chaira a carón do instituto Xulián Magariños. Haberá ruta cabalar, concursos de salto, xincana e pulpeira.

E como tódolos anos, na parte final da rúa de Castelao estarán instaladas as atraccións de festa como a pista de coches eléctricos, o saltamontes, o dragón, camas elásticas, o gusano, tirachinas, unha pista de coches eléctricos infantil, quads, o carrusel, ou inchables.

diververan020718.jpg

Xa están en marcha os obradoiros de xogos e manualidades Diververán 2018 promovidos polo Concello de Negreira durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, nas instalacións do Centro Sociocultural.

 

Medio cento de rapaces/as principiaban hoxe a andaina do Diververán, de 10:30 a 12:00 horas, para os máis pequenos, e de 12 a 13:30 horas, os nados de 2009 a 2012.

 

Igualmente, hoxe tiña lugar a presentación dos cursos de natación na piscina municipal do parque do Coto, tamén nos meses de xullo e agosto.

 

E no colexio do Coto, comezaba o campamento urbán Respira. Trátase dunha actividade de conciliación da vida laboral e familiar, que oferta o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), de 8:45 a 14:45 horas, dende o 2 de xullo ao 31 de agosto. Neste mes de xullo conta cun total de trinta participantes.

traballadores.jpg

Co comezo do mes de xullo, o Concello de Negreira incorpora á totalidade de traballadores eventuais para a época estival. A través do Plan de Emprego Local (PEL), financiado pola Deputación da Coruña, incorporáronse seis operarios á brigada municipal de servizos: Tres de xardinería, dous albaneis e un peón de obras, por un período de cinco meses.

 

E a través do Plan Aprol Rural, financiado pola Xunta de Galicia, o Concello incorpora a dous peóns forestais por un periodo de nove meses.

 

Hoxe comeza coa formación, o periodo de tres meses da brigada municipal de loita contra os incendios forestais: Un capataz, un peón condutor e tres peóns forestais intégrana brigada.

 

Por último, o Concello tamén incorpora a cinco operarios para traballos de xardinería, a través dunha subvención entre perceptores das axudas da Risga, cunha xornada laboral do 75% por un periodo de sete meses.

 

 

Asemesmo, de cara aos servizos de socorrismo durante a tempada de verán piscina municipal do Coto, o Concello contratou a dous socorristas, coas axudas da Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia.

horarioampliado.jpg

O Concello informa que a Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, vén de conceder autorización para a ampliación dunha hora na finalización das verbenas das festas patronais de San Cristovo 2018, os días 5, 6 e 7 de xullo, ademais da ampliación dunha hora do horario de peche dos locais de hostalería, nos días citados anteriormente, trala solicitude oficial cursada polo Concello de Negreira.

verancultural2018.jpg

Vén de presentarse a programación do Verán Cultural de Negreira 2018. Entre xullo e setembro a veciñanza poderá desfrutar dunhas 30 actividades de carácter festivo, cultural e deportivo.

 

Entre elas destacan o Nicrarock (13 de xullo), unha nova Noite en Vela (20 de xullo), o encontro de cultura psicodélica Galipsy (27-29 de xullo) a XVI Noite Folk (18 de agosto) a XII Feira do Románico (24-26 de agosto), a VII Gala da Maxia (31 de agosto) e o Festival de Bandas (16 de setembro).

 

Tamén hai propostas deportivas diversas. Alén dos cursiños de natación, os obradoiros Diververán e o campamento Respira; na segunda quincena deste mes desenvolveranse os campamentos deportivos da Deputación e a excursión ao Aquapark de Cerceda. Ademais, celebrarase o I Open de Tenis (14-21 de agosto), o I Torneo de Pádel (4-14 de setembro); o XII Día da Bicicleta (15 de setembro) e a XX Andaina Popular (22 de setembro).

 

Actividades variadas e para todos os públicos nas que non poden faltar actuacións musicais coma a de Mamá Cabra (15 de setembro); así como varias intervencións de Cultura a Pé de Rúa.

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o programa completo.