O pasado sábado, 1 de xullo, as familias de Avelaíños e Rebuldeiros de Negreira e as de Maimiños e Furabolos da Baña compartiron unha xornada de lecer visitando o parque zoolóxico Marcelle Natureza. As pequechas e pequechos visitaron o parque acompañados de monitoras e asistiron a diversas actividades.

Entre os animais do parque, chamaron a atención dos participantes os lobos Rasca e Pica e os emús, aves non voadoras de gran tamaño. Ademais de visitar os animais, as familias puideron gozar da flora existente no bosque autóctono, do que forma parte o zoo; da exposición artística con obras de madeira e pedra distribuídas por todo o parque e de actividades como o tiro ao arco ou un teatro de marionetas.

Un dos obxectivos de Marcelle Natureza é concienciar ás persoas participantes sobre a protección da fauna silvestre e da conservación da natureza.

 

0
0
0
s2sdefault