A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, dependente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), despraza este xoves día 2 de marzo ao concello de Negreira, unha das súas unidades móbiles para a recollida de doazóns de sangue en horario de 16:00 a 21:00 horas. Como é habitual, esta unidade permanecerá estacionada nas inmediacións do Centro de Saúde, na rúa de Castelao.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e mailo Concello de Negreira, fan un chamamento á veciñanza de Negreira e comarca para que acoda a doar sangue este xoves.

 

Os habitantes de Negreira case duplican a tasa de doazón de sangue de Galicia, con 71 doazóns por cada mil habitantes e ano, segundo salientabába hoxe en Radio Negreira, Ángeles Pazos, responsábel de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), quen lembrou que nos hospitais galegos se precisan 500 doazóns de sangue cada día.

 

Lembremos que para doar sangue é necesario que as persoas teñan máis de 18 anos cumpridos e máis de cincoenta quilos de peso, entre outros requisitos.

0
0
0
s2sdefault