A Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, vén de convocálas probas de Avaliación de competencias clave para o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e nivel 3 para este ano 2017.

 

Estas probas permiten ás personas que non posúen a titulación académica requerida para acceder a cursos que impliquen a obtención de certificados de profesionalidade (ESO, Bacharelato...), poder acceder aos mesmos.

 

O prazo de inscrición está aberto ata o día 24 de marzo, e as referidas probas realizaranse o sábado día 13 de maio de 2017.

 

Para máis información sobre a convocatoria podes consultar o seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170307/AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf

 

Ou ben dirixirte ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

0
0
0
s2sdefault