O Concello de Negreira abriu o procedemento para a solicitude de permisos para a realización das fogueiras na noite de San Xoán, o cal pode facerse efectivo ata as 14:00 horas do martes, día 21 de xuño, na Casa do Concello.

 

As persoas solicitantes deberán ser maiores de idade. Deberán coidar os arredores e coñecer os números de teléfono de Emerxencias (112), ou Garda Civil (062).

 

A tramitación dos permisos pódese facer por vía presencial, no Rexistro Xeral do Concello, na rúa do Carme, 3 baixo, ou mediante a Sede electrónica, a través da web: www.concellodenegreira.gal

 

Normas

En zona urbana, o volume de combustible do lume non deberá superar os 3 metros de perímetro, nen o metro de altura. En zonas rurais, a cacharela non poderá exceder os 6 metros de perímetro nen os 3 metros de altura. A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano será de coma mínimo 12 metros.

 

Debe poñerse especial coidado de non situar as cachelas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

 

Doutra banda, lembremos que está prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, de xeito xeral, calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (aerosois), aínda estando baleiros.

 

Os organizadores deberán atender as indicacións da Policía Local e dos Bombeiros. Non se aproveitará a cachela para queimar restos domésticos, agrícolas ou forestais.

 

Attachments:
Download this file (Solicitude.pdf)Descargar solicitude
powered by social2s