O Campamento Urbano Respira, a desenvolverse durante os meses de xullo e agosto, nas instalacións do CEIP O Coto, está dirixido a familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 12 anos, e a oferta de prazas é limitada. O prezo por usuario/a, é de 100 € ao mes, e 50 € á quincena. O segundo irmán terá un desconto do 50%.

 

Requisitos de acceso ó servizo (poderán acceder ó mesmo sempre que cumpra os dous requisitos) :

- Familias empadroadas no concello de Negreira.

- Familias nas que ambos proxenitores ou titores legais estean traballando ou en situación de busca activa de emprego ou formación laboral.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios recollidos no Regulamento do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán (BOP 8 de marzo de 2022, núm. 45):
1º criterio.- Familias que aporten Informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.

2º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas da violencia de xénero.

3º criterio.-Familias monoparentais.

4º criterio.- Familias numerosas.

5º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñan o seu posto de traballo no concello de Negreira.

6º criterio.- Calquer usuario/a.

 

O campamento abarca desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, podendo as familias elexir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza (11 de marzo de 2022):

1ª QUENDA: DO 1 AO 15 DE XULLO

2ª QUENDA: DO 16 AO 31 DE XULLO

3ª QUENDA: DO 1 AO 15 DE AGOSTO

4ª QUENDA: DO 16 AO 31 DE AGOSTO

 

Documentación:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición

- DNI dos responsables do menor

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

- Tarxeta sanitaria do/a menor

- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

- Xustificante bancario de ingreso do prezo público

- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria( certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

O horario do campamento será de 8:30 a 14:30 horas. As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saídas flexibles. Para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse ao mesmo sobre ás 10:00 h. e saída a partir das 13:30h.

 

Exención e bonificación

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

2.- Bonificación: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://negreira.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Negreira, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, desde o 13 ao 25 de maio.

 

Datos adxuntos:

Ficha

Regulamento Campamento

Ordenanza fiscal Campamento

 

powered by social2s