Gala do Deporte

Gala do Deporte

O Concello de Negreira leva a cabo no mes de febreiro un evento impulsado polo Departamento de Deportes para poñer en valor o talento, o compromiso e a traxectoria dos deportistas e clubs que representan ao municipio dentro e fora das súas fronteiras. Este acto pretende recoñecer non só os éxitos individuais e colectivos logrados durante o ano, senón tamén destacar o papel fundamental que desempeñan as entidades deportivas na formación e promoción dos valores do deporte entre a xuventude negreiresa.

O auditorio Afonso Eanes é o escenario que acolle esta celebración, que recoñece a aqueles deportistas que continúan levando o nome da nosa vila por toda Galicia e fora dela, competindo e acadando logros en diferentes modalidades.

Con esta gala, preténdese reafirmar o compromiso co deporte como motor de cohesión, saúde e convivencia, reunindo a clubs, deportistas, familias e afeccioados nun acto de recoñecemento colectivo.

Na velada sempre se conta cun padriño de honra que son deportistas destacados galegos de distintas disciplinas, estiveron presentes Fran González (fútbol), Moncho Fernández (baloncesto), Iván Raña (triatleta), Oscar Pereiro (ciclista), Adiaratou Iglesias (atletismo).

 

- Mellor Deportista:

(2012) Carlos Suárez Fernández (tenis) -  Club Tenis Negreira

(2013) Jorge Crespo Arias (atleta) – Atletismo Sar

(2014) Carla Rodríguez Fernández (kárate) – Akai Ryu

(2015) Jose Carlos Carballo (kárate) – Kárate O Coto

(2016) Daniel Cebreiro García (tiro) – Soc. Deportiva Rio Sar

(2017) Alba Vázquez Corzón (kárate) – Akai Ryu

(2018) Rodrigo Iglesias Mosquera (fútbol) – SD Negreira

(2019) Alba Cuns Iglesias (atleta) – Atletismo Negreira

(2020) Jorge Crespo Arias (atleta) – Atletismo Sar

(2022) Alba Pérez Nieto (atleta) – Atletismo Negreira

(2023) Samuel Lema Capeáns (atleta) – Atletismo Negreira

(2024) Iván Pazos Puñal (para-kárate) – Kárate O Coto

(2025) Gonzalo Cuns Iglesias (atletismo) – Atletismo Negreira