Carreira Internacional "A Clásica" de Negreira

Deportes Carrereira Popular
DEPARTAMENTO DE DEPORTES
+34 981 885 886

alvaro.lira

@concellodenegreira.es

De 9:30 a 15:00 (de luns a venres)
San Mauro, 11 - 15830 – NEGREIRA

O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira, onde a Asociación de Veciños Tambre aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polo organizadores Maratón. Neses días en Negreira, segundo os xornais da época, xa non se falaba doutra cousa, excepto do Referendum, está claro.

O temporal de vento e choiva dese venres de decembro non impediu que uns 200 corredores e corredoras coas máis dispares indumentarias. En Negreira, ese día venceuse á climatoloxía e a entrega de trofeos no patio do Colexio Público finalizou cun lunch na Sala de Festas Gran Vía no que a organización agasallou aos sufridos participantes, na maioría veciños. Logo, todo foi a tirar cara adiante e a satisfacción de que todas as pequenas iniciativas e o esforzo conxunto dun pobo pode chegar ás metas que se propoña. Polo camiño, centos de persoas que achegaron o seu esforzo. A todos eles debemos o noso agradecemento e a máis sincera felicitación porque foron facendo camiño. Na actualidade a proba é unha das máis importantes de Galicia, con grandes premios e un altísimo nivel de participación. Despois de case 50 anos de historia a Carreira de Negreira segue sendo un referente das probas de atletismo popular.

http://www.aclasicadenegreira.gal/