Escolas Deportivas

Deportes Clubes
DEPARTAMENTO DE DEPORTES
+34 981 885 886

alvaro.lira

@concellodenegreira.es

De 9:30 a 15:00 (de luns a venres)
San Mauro, 11 - 15830 – NEGREIRA

Escolas Deportivas; aprender coa actividade física.

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 500 adultos disfrutan cada ano das escolas deportivas cunha duración de 8 meses dende outubro a maio e que contan coas seguintes actividades: Atletismo, Aerobic, Balonmán, Cross Fiit, Fútbol Sala, Hip- Hop, Ioga, Multideporte, Patinaxe, Predeporte, Pilates, Tenis, Tenis de mesa, Xadrez, Ximnasia Rítmica, Ximnasia de Maiores, Ximnasia de Mantemento e Zumba.

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan cada ano unha importante partida económica, co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades deportivas Municipais. Un Coordinador e 14 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.