XII Andaina contra a Violencia de Xénero

andaina2026

O Centro de Información á Muller (CIM), promove unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, unha cita xa consolidada no calendario municipal que busca implicar a cidadanía na loita contra a violencia machista e na defensa da igualdade.

A actividade, que alcanza este ano a súa duodécima edición, terá lugar o sábado 21 de novembro e contará cunha camiñada ata Covas, aberta á participación da cidadanía.

A xornada comezará ás 9.30 horas, cunha concentración no centro sociocultural de Negreira. Desde alí, ás 10.00 horas, partirá a andaina con destino a Covas. A previsión é regresar ao centro sociocultural arredor das 12.00 horas, onde terá lugar o acto de clausura.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a partir do 9 de novembro, a través do correo electrónico cim@concellodenegreira.es ou nos teléfonos 881 035 154 e 881 035 155.