Primavera Deportiva 2026
A Primavera Deportiva, dou comezo cunhas espectaculares xornadas de ximnasia rítmica no Pavillón de Pedra Mámoa que reuniu a máis de 1.100 deportistas. A programación composta por preto de 20 propostas deportivas para todos os públicos, acollerá actividades de distintas modalidades.
En maio destacan citas como a Gala Ritmo&Movemento, os Campionatos Provincial de Orientación e Campo a Través ou o Torneo de Tenis de mesa “Día das Letras”.
Xa para xuño, o Torneo de Primavera de Tenis na primeira fin de semana, volverá a reunir a xogadores de toda Galicia e Asturias nas Pistas de Pedra Mámoa. O venres 13 será a apertura da Piscina Municipal de O Coto, unha instalación moi demandada polos nosos veciños e visitantes.
As propostas dos clubs locais tamén serán moi diversas, destacando o Trofeo de kárate “Vila de Negreira”, organizado polo Kárate O Coto, o ADN Cup de fútbol ou o Campus da SD Negreira.
Outro dos eventos importantes para esta datas é a final da 58º Copa do Sar que enfrontará a SD Negreira e o CSD Arzúa o domingo 24 de maio.