Exposición pública do censo electoral
Con motivo da convocatoria das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro de 2026, ábrese o período de exposición pública do censo electoral para que a veciñanza poida verificar os seus datos e comprobar que figura correctamente nas listas.
As listas electorais poderán consultarse do 12 ao 19 de outubro de 2026, ambos os dous días incluídos. O trámite poderá realizarse presencialmente na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 9.00 a 14.00 horas. Nestas mesmas datas e horario tamén se poderán presentar as reclamacións oportunas no caso de detectar erros ou omisións.
Para resolver calquera dúbida ou realizar consultas adicionais sobre a inscrición padroal e electoral, o Instituto Nacional de Estatística (INE) pon á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 900 343 232.