campo municipal jesus garcia calvo

Dirección: Pedra Mámoa S/N - 15830 Negreira

Horario: en función das actividades e adestramentos.

Descrición: superficie de herba natural con medidas 106x65 m. onde adestra e xoga a SD Negreira, e onde se disputan os distintos torneos.

Parque biosaludable

Dirección: Pedra Mámoa S/N - 15830 Negreira

Horario: a disposición dos usuarios todos os días.

Pistas de petanca

Dirección: Pedra Mámoa S/N - 15830 Negreira

Horario: en función das actividades e adestramentos.

Descrición: varias pistas de petanca con servicios e vestiarios, en donde adestran e realizan a súa actividade o Club Petanca Negreira.

Certame de música xuvenil

O Auditorio Afonso Eanes do Cotón acolle este sábado, día 30 de novembro, ás 19.00 horas, a gala final do Certame de música xuvenil en galego "NovaNicra", organizado pola Asociación Cultural Gazafellos do Val, coa colaboración do Concello de Negreira. A entrada é de balde.

Bandas finalistas

Trátase de “esTilos”, chegados do concello de Teo; “Raquel Ardao”, de Ames e, dende Negreira chegan “Os avós do mañá”. Para participar, tiveron que compoñer unha canción propia en galego ou musicalizar un poema.

Na final interpretarán en directo as cancións finalistas, e o xurado decidirá quen é o gañador/a, que levará como premio a gravación da canción nun estudo profesional, e a realización dun videoclip.

O xurado está integrado por: Pilar Martínez; Diego Castro; Diego Vieito e Lidia Caamaño. O acto estará conducido polo actor e mago, Iván Tourís.

Foto escaparates 24-25

O Concello de Negreira convoca o V Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.

As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.

¿Como inscribirse?

Mediante un email a: alvaro.lira@concellodenegreira.es, e indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:30 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no número de teléfono: 981 885 886.

 

Período de inscricións

Dende o 25 de novembro ás 14 h do venres 12 de decembro.

 

Categorías de participación

a) Particulares

Poderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).

b) Establecementos

Poderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.

 

Duración do concurso

A decoración deberá estar colocada dende o día 14 de decembro de 2024 ata o día 8 de xaneiro de 2024, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.

 

Premios

Outorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función da puntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cada un: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.

a) Particulares

1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

3º premio: Cesta de produtos

b) Establecementos

1º premio: 400 €

2º premio: 150 €

3º premio: Cesta de produtos

 

Consulta toda a información detallada nas Bases do concurso


? https://drive.google.com/file/d/1CExtr2hmjjC6AAe-SFk8BhTLjiDpJD8G/view?usp=sharing

 

Nadal

O Concello de Negreira lanza o seu Concurso de postais de Nadal 2024/25 aberto á participación de toda a rapazada de Negreira, menores de 13 anos. Consulta as bases e anímate a participar porque poderás gañar un premio consistente nun vale agasallo por valor de 100€ cuxa entrega vai ter lugar o domingo, día 8 de decembro de 2024, ás 13.00 horas no Mercado de Nadal, instalado no pavillón do Ceip O Coto.

Bases:

  1. Poderán participar tódol@s nen@s do concello de Negreira, menores de 13 anos.
  2. Establécese un premio dun “vale agasallo de 100€”, ademais de editarse a postal gañadora como felicitación institucional das festas de Nadal 2024-25 do noso concello.
  3. Os debuxos presentaranse en formato folio dim A4, usando os materiais libremente e con referencia ó lema O Nadal e representando os valores destas datas. 
  4. Excluíranse aqueles debuxos con elementos que sobresaian, purpurinas, etc…pola súa dificultade para darlle forma na postal gañadora.
  5. Só se pode presentar un debuxo por participante.
  6. Nos traballos presentados farase constar detrás do debuxo: nome e apelidos, enderezo, idade e número de teléfono de contacto.
  7. Os traballos entregaranse na Delegación de Cultura antes do día 5 de decembro de 2024.
  8. A entrega do premio vai ser o domingo 8 de decembro de 2024 ás 13.00 horas no Mercado de Nadal, instalado no pavillón do Ceip O Coto.
  9. A decisión do xurado é inapelable. 
  10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. 
vintecinco

O Concello de Negreira, a través do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), presenta a programación conmemorativa do 25 de novembro, o Día Internacional de Loita contra a violencia machista, co obxectivo de promover a reflexión, sensibilización e visibilización desta lacra social.

A axenda inclúe citas para tódolos públicos:

  • Venres, 22 de novembro.- Encontro-debate sobre: "A violencia de xénero desde unha perspectiva global", a partir das 10:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón. Entrada aberta ó público en xeral.
  • Sábado, 23 de novembro.- Monólogo: “Mulleres de conto”, dirixido a público adulto, ás 21:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.
  • Luns, 25 de novembro.- Acto conmemorativo, ás 13:00 horas no monolito dedicado ás vítimas da violencia machista, nas inmediacións da Casa do Concello.
  • Martes, 26 de novembro.- Sesión de conta contos para nenos e nenas titulada “Contos vellos, novos finais”, ás 18:00 horas na entrada ó Centro Sociocultural.
  • Venres, 29 de novembro.- Proxección da película galega “Matria”, ás 21:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Ademais, durante todo o mes de novembro, a fachada municipal será iluminada e lucirá unha pancarta en contra da violencia de xénero como símbolo de compromiso coa erradicación desta lacra.

Programa 25N

foto comision

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, presidiu hoxe a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Santiago, que suporá unha achega anual de 1,2 millóns de euros de fondos da Xunta de Galicia e de 288.000 euros entre os 18 municipios que a integran, entre os cales atópase o de Negreira.

A esta xuntanza acudía o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, quen subraiou a importancia deste convenio mediante o cal fináncianse os descontos do 80% que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son gratuítos, e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes (15%), e membros de familias numerosas, de ata o 50%.

Cómpre destacar que a ATM de Santiago é unha das que concentra maior oferta de servizos en Galicia e, inclúe aos concellos de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, A Estrada, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

Imserso

A Dirección Xeral do Imserso comunicou ao Concello de Negreira, a concesión das seguintes viaxes para a nosa veciñanza maior e cuxa xuntanza para o sorteo realizarase o mércores, día 20 de novembro, ás 11:30 horas, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

1ª VIAXE: 40 prazas para ILLA CRISTINA (HUELVA), no Hotel Occidental Isla Cristina. Saída o 01/03/2025, quenda de 8 días, sendo o custo de 206,04€. Límite de pago: 15/01/2025.

2ª VIAXE: 40 prazas para ESTEPONA (MÁLAGA), no Hotel Globales Playa Estepona. Saída o 10/03/2025, quenda de 10 días, sendo o custo 261,06€. Límite de pago o: 24/01/2025.

3ª VIAXE: 40 prazas para BENIDORM (ALACANTE), no Hotel Benidorm East By Pierre & Vacances. Saída o 13/03/2025, quenda de 8 días, sendo o custo de: 206,04€. Límite de pago: 27/01/2025.

4ª VIAXE: 40 prazas para CALA BRANCA (MENORCA), no Hotel Spa Sagitario Playa. Saída o 19/04/2025, quenda de 10 días, sendo o custo de: 298,34€. Límite de pago: 05/03/2025.

A estes prezos xa se lle descontou o 10% máis o autobús que aporta o Concello de Negreira para os desprazamentos entre a vila e o aeroporto, e vicebersa.

Todos os viaxeiros seleccionados para cada viaxe terán que pagar unha reserva de 45€ no momento da entrega do billete.

foto-uat

Dende a Generalitat Valenciana puxéronse en contacto coa Unidade de Atención Temperá dos concellos de Negreira e Val do Dubra, solicitando axuda psicóloxica e pedagóxica de cara a poboación de menores con diversidade  funcional polo que as nosas terapeutas comunicáronse co equipo de goberno e despois de informárnos da situación, non se dubidou en dar todo o apoio a esta iniciativa para que poidan viaxar esta fin de semana a Valencia.

Van ser cinco profesionais do servizo municipal de Atención Temperá especializadas en psicoloxía, pedagoxía e terapia da linguaxe, que emprenderán a viaxe este sábado 9 de novembro. Permanecerán alí, ata o mércores 13 de novembro e estarán prestando o seu apoio nos municipios de Torrent e Paiporta, dúas das localidades máis afectadas polos efectos da DINA.

Trátase dunha operación que estará coordinada en todo momento dende a Generalitat Valenciana e a Xunta de Galicia.

Queremos agradecer ás familias usuarias da Unidade de Atención Temperá a súa boa disposición, xa que apoiaron e amosaron a súa solidadridade dende un primeiro momento a esta iniciativa. Cómpre salientar que aquelas familias que precisen apoio neste tempo contan con servizos mínimos na Unidade de Atención Temperá.