A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o día 28 de abril de 2015 ás 12.30 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- En relación á obra “Colectores xerais e EDAR en Barcala. Negreira-A Baña (A Coruña)”, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá ordenar ós Técnicos Municipais a emisión de Informe así como a supervisión da obra ó efecto de que se respecte o correspondente Proxecto Técnico. O Informe Técnico de referencia formará parte da documentación do vindeiro Pleno Ordinario.
Punto Segundo.- O Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar do Presidente da Deputación Provincial da Coruña a celebración, no Concello, dunha xuntanza coa Comisión de Seguemento da estrada Negreira-Pontenafonso.
Punto Terceiro.- En relación ao Convenio asinado entre a Alcaldía e as propietarias duns terreos situados na zona das Brañas, con anterioridade á execución da praza das Brañas, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar Informe acerca da legalidade do Convenio á Secretaría Municipal, ademais de Informe sobre a legalidade do compromiso de gasto cifrado na cantidade de 3.700 euros anuais de xeito indefinido, á Intervención Municipal.
O motivo do pedido é a ausencia dos devanditos Informes no expediente.
Os dous Informes deberán facer parte da documentación do vindeiro Pleno ordinario.
Negreira, 24 de abril de 2015.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira