EXPEDIENTES DE POXA PÚBLICA Ó ALZA MEDIANTE O PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS EN SOBRE PECHADO, DE INMOBLES DE PROPIEDADE MUNICIPAL

Por medio do presente comunícase a data de celebración da Mesa da Subasta dos referidos expedientes, na que se aperturarán os respectivos sobres A e B presentados para a compra-venda das masas comúns de propiedade municipal que seguidamente se reseñan:

 

• Parroquia: San Vicente de Aro

Finca: nº 621 do Plano Xeral da zona de Concentración Parcelaria.

 

• Parroquia: San Félix de Campelo

Finca: nº 63 do Plano Xeral da zona de Concentración Parcelaria.

 

A citada Mesa da Subasta terá lugar o próximo día 25 de maio, luns, ás 11.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

 

Negreira, 15 de maio de 2015

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira