Pazo do Cotón e Capela de San Mauro

Esta fortaleza medieval sufriu importantes reformas, o que ofrece gran dificultade para definir as súas raíces medievais.

Cabe destacar a gran cheminea e a galería de pedra que se pode apreciar dende a rúa principal, “Carreira de San Mauro”, antigo Camiño Real. Esta galería une as dependencias do Pazo coa Capela de San Mauro por medio da súa triple arcada de pedra.

No seu interior pódense apreciar unha ducia de escudos de armas de familias de nome en Galicia.

É posible acceder ó Pazo durante A Feira do Románico que se celebra cada ano, situado no centro da Vila.

 

A Capela de San Mauro Sitúase no centro de Negreira atopamos o complexo histórico-artístico máis significativo da vila, a capela de San Mauro (San Amaro) e o Pazo de Cotón. Este conxunto relixioso foi construído no XVIII, con estrutura de tres naves.

A Capela é de planta rectangular e unha soa nave con dúas augas. Posúe una fachada sinxela composta por unha porta e sobre ela unha ventá horizontal e máis a dereita, outra ventá cadrada.

No seu interior posúe un retablo neogótico e varias imaxes, sendo as máis antigas as de Santa Lucía e San Amaro (esta última, de época barroca)