O sábado 9 de setembro, celebrarase na nosa vila a 15ª edición do Día da Bicicleta, organizado polo Concello. Todo un evento deportivo e social que move a centos de persoas todos os anos.
Desta volta, as persoas participantes concentraranse ás dez da mañá xunto á explanada do instituto Xulián Magariños. A saída infantil terá lugar media hora máis tarde, ás 10:30, e terá un percorrido de 1’2km para os cativos. Ás once será o quenda dos adultos, cunha distancia total de 10km.
Trátase dunha actividade dirixida a todas as idades na que ademais haberá un agasallo e un refrixerio para cada participante. Iso si, cómpre lembrar: o uso de casco será obrigatorio.
Os patrocinadores deste día da Bicicleta son Atleet Garsport, Distribucións Fajín Lama S.L. e Bicicletas Rioseco, colabora a Peña Ciclista Jesús Mancebo.
O formulario de inscrición farase a través do QR adxunto nesta noticia ou pulsando neste enlace.
INSCRICIÓN 15º DÍA DA BICI
Calquera dúbida, poden acudir á Delegación de Cultura e Deportes, na 1ª planta da Casa da Cultura, ou ben chamar ao teléfono 981 88 58 86.