imaxe rúa

 

O Concello de Negreira condena públicamente os actos que se están a producir últimamente nas rúas da vila, na que a maioría de propietarios de cans non recollen os escrementos das súas mascostas. Aparecen nas beirarrúas, nas baixadas dos portais, zonas verdes e plazas públicas. Recordemos que fai apenas un ano limpáronse de maneira integral todas as beirarrúas cun Obradoiro de emprego, e que en menos dunha semana, moitas volvían o seu estado anterior.

Manifestamos o noso enfado en que actos como éstes, produzan un malestar xeral entre a nosa veciñanza, xa que son realizados con total desidia, neglixencia e falta de coidado, habitualmente, polas mesmas persoas.

Queremos puntualizar dúas pautas moi importantes:

1. Ter unha mascota significa responsabilidade no seu coidado e no respeto pola vía pública, a vía de todos e todas.

2. Animamos a toda a veciñanza a denunciar este tipo de actos públicamente ou de forma anónima. Calquera tipo de proba que sexa enviada ó número de teléfono da Policía Local ou o correo do Concello de Negreira, na que se vexa á persoa propietaria causante destes tipos de actos, axudaranos a levar un maior control e seguimento.

Manteñamos Negreira limpa, sen excrementos de cans, nin restos de plásticos, cartóns, enseres ou calquera resto de lixo fora do sitio habilitado. Sexamos solidarios e loitemos por ter o noso concello o mais decente e pulcro que poidamos. E isto será así, coa axuda de todos.

powered by social2s