Escola Municipal de Música


Negreira reserva un espazo privilexiado dentro da súa oferta educativa para a música. Por iso, os nenos dende os catro anos poden acudir á EMMN para recibir unha formación musical na nosa escola oficial inscrita no rexistro de escolas de música y danza da Xunta de Galicia.
Modalidades de matrícula
- Música e Movemento 1 e 2: De 4 a 6 anos
- Iniciación Musical 1 e 2: De 6 a 8 anos
- Linguaxe musical 1,2,3 e 4: A partir de 8-9 anos
- Adultos 1 e 2: Pensado para que ninguén quede sen poder estudar música debido a súa idade.
- Só instrumento: Pensado para todos aqueles alumnos que terminen cos 4 cursos de linguaxe musical e queiran continuar connosco.
- Só conxuntos: Pensado para alumnos que solo queiran ir a coro, conxunto de gaitas ou conxunto de acordeóns.

Especialidades instrumentáis:
🪈 FRAUTA | 🎶 CLARINETE | 🎷 SAXOFÓN |
🎻 VIOLÍN | 🎸 GUITARRA | 🎺 TROMPETA |
📯 TROMPA | 🎼 TROMBÓN | 🎺 BOMBARDINO |
🎼 TUBA | 🎹 PIANO | 🥁 PERCUSIÓN |
🎵 GAITA | 🎤 CANTO |
Conxuntos:

- Banda infantil
- Coro
- Conxunto de Gaitas
- Conxunto de corda
- Conxunto de acordeóns
Información matrícula:

O prazo de matrícula para novos alumnos ábrese en xullo e termina a primeira semana de setembro.
A segunda quincena de xuño ábrese un prazo para que os que xa sexan alumnos/as da EMMN poidan renovar a súa matrícula e non perdan a praza.
A matrícula pódese realizar de forma presencial no Rexistro Municipal do Concello de Negreira ou de forma online na Sede Electrónica do Concello de Negreira.
Información Adicional:
Asociada á EMMN está a Banda Ateneo de Negreira, unha banda formada por aproximadamente 40 músicos da gran maioría da EMMN. A Banda do Ateneo de Negreira ten unha intensa actividade musical no Concello de Negreira e en toda a xeografía galega. Na actualidade, a Banda Ateneo de Negreira está dirixida por Raúl Martín Niñerola, e tamén está dirixida pola Escola Municipal de Música de Negreira.