AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA
Presentación:
Negreira reserva un espazo privilexiado dentro da súa oferta educativa para a música. Por iso, os nenos dende os catro anos poden acudir á EMMN para recibir unha formación musical na nosa escola oficial inscrita no rexistro de escolas de música y danza da Xunta de Galicia.
Modalidades de matrícula
- Música e Movemento 1 e 2: De 4 a 6 anos
- Iniciación Musical 1 e 2: De 6 a 8 anos
- Linguaxe musical 1,2,3 e 4: A partir de 8-9 anos
- Adultos 1 e 2: Pensado para que ninguén quede sen poder estudar música debido a súa idade.
- Só instrumento: Pensado para todos aqueles alumnos que terminen cos 4 cursos de linguaxe musical e queiran continuar connosco.
- Só conxuntos: Pensado para alumnos que solo queiran ir a coro, conxunto de gaitas ou conxunto de acordeóns.
Especialidades instrumentáis:
- Frauta
- Clarinete
- Saxofón
- Violín
- Guitarra
- Trompeta
- Trompa
- Trombón
- Bombardino
- Tuba
- Piano
- Percusión
- Gaita
- Canto
Conxuntos:
- Banda infantil
- Conxunto de corda
- Coro
- Conxunto de acordeóns
- Conxunto de gaitas
Información matrícula
- O prazo de matrícula para novos alumnos ábrese en xullo e termina a primeira semana de setembro.
- A segunda quincena de xuño ábrese un prazo para que os que xa sexan alumnos/as da EMMN poidan renovar a súa matrícula e non perdan a praza.
- A matrícula pódese realizar de forma presencial no Rexistro Municipal do Concello de Negreira ou de forma online na Sede Electrónica do Concello de Negreira.
Información Adicional:
Asociada á EMMN está a Banda Ateneo de Negreira, una banda formada por aproximadamente 40 músicos procedentes na súa gran mayoría da EMMN. A Banda Ateneo de Negreira ten unha intensa actividade musical no Concello de Negreira e en toda a xeografía galega. A día de hoxe a Banda Ateneo de Negreira está dirixida por Raúl Martín Niñerola, o cal tamén dirixe a Escola Municipal de Música de Negreira.
CONTACTO EMMN:
Correo: escolamusicanegreira@gmail.com