apego 21 03 17 1.jpg

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, asistiu á sinatura da addenda ao programa Apego, no concello de Nigrán, e que incorpora a sete novas entidades municipais. Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Cee, Lugo, O Carballiño, Ponteareas, Sada, Vilagarcía de Arousa e Nigrán súmanse aos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Carnota, Ferrol, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Vimianzo como referentes nos que a veciñanza pode informarse e sumarse. Tamén pode contactar co proxecto a través da súa presenza na Internet: www.apego.gal e

 

Despois do segundo ano de vida deste proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc., súmanse 7 aos 23 concellos que xa formaban parte do proxecto.

 

apego 21 03 17 2.jpg

 

O acto estivo conducido por dúas representantes do persoal técnico dos servizos de normalización, que explicaron que é o Apego e a quen se dirixe. Foi presidido polo alcalde de Nigrán, Juan González, que quixo acoller e celebrar o inicio desta colaboración cun concerto de música infantil, Letras e notas protagonizado por Magín Blanco como mostra das actividades que se desenvolven no proxecto para darlles ás familias recursos para activar a lingua.

 

O alcalde de Negreira fixo fincapé na necesidade dun proxecto coma este que valore positivamente a lingua e a súa transmisión, tendo en conta a situación xeral pola que pasa o galego, incluso nos territorios onde a realidade é aparentemente máis favorable. E, de maneira especial, animou ás nais e pais a que se sumen ao Apego e participen nas accións e nas redes que reforzan a socialización en galego das súas fillas e fillos.

Cadaveira.jpg

O catedrático de Psicobioloxía do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Fernando Cadaveira Mahía, coordinador do grupo de investigación de Neurociencia Cognitiva e Afectiva, vai selo encargado de  impartir este mércores en Negreira unha charla baixo o título: Consumo intensivo de alcohol nos xóvenes. Unha reflexión necesaria.

 

Esta charla está promovida dende a ANPA A Barcalesa, do IES Xulián Magariños, coa colaboración do Concello de Negreira, sendo dirixida fundamentalmente a tódalas familias preocupadas polo consumo de alcohol e as consecuencias negativas para os seus fillos e fillas, á vez que tamén vai dirixida a profesores, educadores, ou adestradores e monitores deportivos.

 

A charla e o posterior coloquio entre os asistentes co relator da mesma, ten lugar este mércores 22 de marzo, a partir das 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, con acceso a través da Carreira de San Mauro, número 11.

 

Cartaz.jpg

 

Debido ao interese que esperta a problemática do alto consumo de alcohol entre a mocidade, prégase a asistencia das familias, así como pola  presenza do recoñecido catedrático de Psicobioloxía da USC, Fernando Cadaveira Mahía.  

 

Prema

Ildara e Aya.jpg

Tres karatekas da Escola de Kárate Akai Ryu, de Negreira, veñen de ser convocados coa Selección Galega, para participar no Campionato de España Infantil que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de abril, na cidade de Córdoba.

 

Os tres xóvenes negreireses, actuais campións galegos nas súas respectivas categorías, participarán no Nacional logo de gañarse a súa praza tras unha dura preselección celebrada esta pasada fin de semana en Santiago de Compostela.

 

David Rico Balea, participará por primeira vez na modalidade de Kata Benxamín masculino. Aya Fathallah, estréase igualmente nunha convocatoria coa Selección Galega, en Kumite Xuvenil -50 quilos. E Ildara García, volve a estar convocada un ano máis en Kumite Infantil -40 quilos. 

 

David Rico.jpg

 

Ronsel Osorio e Lle Zhou, que pese a ser campiona e subcampiona galega, respetivamente, non acadaron unha praza co combinado galego.

 

Ata Córdoba desprazarse tamén a súa técnica, Ainhoa Rodríguez, para participar como «coach» da Federación Galega de Kárate, logo de examinarse o pasado día 10 de marzo no curso de Acreditación Coach da Real Federación Española de Kárate e Deportes Adaptados, celebrado en Albacete, tal e como acredita o diploma  expedido polo Conselo Superior de Deportes, a través da Escola Nacional de Adestradores.

 

Os nosos parabéns para a familia Akai Ryu, quenes unha vez máis levan o nome de Negreira por España adiante.

Nevaradas.jpg

Diante das dúbidas suscitadas entre a comunidade educativa, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia, decidiu aclarar o sentido da medida sobre a suspensión de transporte escolar en 173 concellos, entre eles, o de Negreira.

 

O transporte de entrada aos centros educativos está suspendido a partir das 12,00 horas en determinadas zonas, dado que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declara un fenómeno adverso meteorolóxico a partir das 12 do mediodía do mércores día 22 de marzo.

 

A prioridade en cada unha destas decisións é a seguridade e salvagarda do alumnado.

 

A suspensión do transporte escolar afecta dende o momento en que se declaran circunstancias meteorolóxicas adversas pola AEMET, polo que non haberá transporte de recollida do alumnado hoxe a mediodía nin, no seu caso, transporte de tarde.

 

Diante desta circunstancia, as familias elixirán recoller ao alumnado mediante medios de transporte non colectivos, ou non enviar ao alumnado ao centro educativo. A decisión de suspender o transporte de regreso baséase na situación de risco existente para o transporte colectivo, en función da predición meteorolóxica comunicada polo organismo con competencias sobre a materia, a AEMET.

 

Os centros educativos, dado que non existe suspensión da actividade lectiva, permanecerán abertos durante toda a xornada lectiva.

 

Salvo que se comunique o contrario por cambio nas predicións meteorolóxicas, o xoves día 23 de marzo, non haberá transporte de entrada aos centros educativos, polo que o alumnado, para as familias que o desexen, deberá acceder aos centros en transporte non colectivo. Dado que o adverso meteorolóxico finaliza o día 23 ás 12,00 horas do mediodía, si existirá transporte de regreso desde os centros educativos.

 

A Consellería quere aclarar que noutras ocasións suspendeuse o transporte de entrada e saída dado que a comunicación das circunstancias meteorolóxicas adversas iniciáronse antes do comezo das clases.

 

A Consellería quere poñer de manifesto que o transporte en vehículos colectivos supón un risco maior que noutro tipo de vehículos, polo que adopta a decisión de suspender o transporte escolar co fin de garantir a seguridade do alumnado.

esqui4quenda.jpg

Catro nenos e nenas de entre 10 e 14 anos do Concello de Negreira están a desfrutrar coa Deputación da Coruña, da cuarta quenda da Campaña de esquí 2017 na que participan un cento de rapaces da contorna de Compostela, ao longo desta semana na estación invernal de Leitariegos, na provincia de León.

 

esqui4quenda2.jpg

 

Os escolares de Negreira que rematan este venres 24 de marzo a súa estadía dunha semana en Leitariegos, tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar na práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

 

esqui4quenda4.jpg

 

A estación de Leitariegos, ubícase na comarca da Laciana, ao noroeste da provincia de León. Trátase dunha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con dez pistas balizadas de distintos niveis (cinco  vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que ofrecen clases de esquí e snowboard.

 

esqui4quenda5.jpg

p_civil.jpg

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, recibiu hoxe na Casa do Concello a visita do Xefe de Servizo de Emerxencias do 112 na provincia de A Coruña, Víctor M. Vázquez Pérez, e maila Xefa da Área Técnica do 112, María Jesús Leiras, a fin de coñecer de primeira man, as principais necesidades e demandas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil creada en decembro de 2015.

 

Ao encontro asistiu unha representación dos voluntarios de Protección Civil, quenes agardan que na convocatoria de axudas de 2017 téñase en conta a solicitude para dotar á Agrupación dun vehículo propio e medios para que poidan desenvolver os seus operativos e intervencións co material e medios axeitados. 

gim 1.jpg

Máis de 600 deportistas de toda Galicia participarán na xornada da ximnasia rítmica de Negreira, que inclúe a IV Gala e mailo II Torneo ¨Vila de Negreira¨, ao longo do sábado día 8 de abril no Pavillón de Pedra Mámoa, baixo á organización do Concello de Negreira, a través da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica baixo a dirección de María Fernández.

 

gim 2.jpg

 

IV Gala da Ximnasia rítmica

 

Comezo: 11:30 horas

Clubs participantes: Escola Ximnasia Rítmica Negreira; Colexio Os Tilos; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; Club Squash Santiago e Club Ximnasia Oroso.

 

II Torneo Vila de Negreira

 

Inicio: 15:30 horas

Clubs participantes:

Escola Ximnasia Rítmica Negreira

Club In Mare (Pontevedra)

Club As Triscas (Pontevedra)

Escola As Triscas (Pontevedra)

Club Vila Pontevedra

Club Ximnasia Coruña

Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela

Escola Ximnasia Rítmica Compostela

Club Ximnasia Rítmica Oroso

Club Saraiba de Poio

Club ximnasia Rítmica Abegondo

Club Ximnasia Rítmica Carral

Club Ximnasia Rítmica Vilagarcía

Escola Ximnasia Arousa

Escola Deportiva Illa de Arousa

Club Arousa (Pontevedra)

Club Ximnasia Rias Baixas (Pontevedra)

Club Escuela Rosalía (Pontevedra)

Club Treboada (Pontevedra)

Escuela Rítmica Xiada (Pontevedra)

Club Ximnasia Xiada (Pontevedra)

Club Ximnasia Pavillón (Ourense)

Club Escola Ximnasia Pavillón (Ourense)

Escola Rítmica Grand Jeté

Club Acordes (Narón)

Club Ximnasia Porriño

Escola Ximnasia Porriño

Club Viravolta (A Coruña)

primeros-auxilios.jpg

O Voluntariado Social do Concello de Negreira ofrecéullela posibilidade ao IES Xulián Magariños de levar adiante un obradoiro de primeiros auxilios, dirixido ao profesorado deste centro educativo de ámbito comarcal, a impartir por dúas voluntarias diplomadas en Enfermeiría, e que quenes contan coa experiencia na formación.

 

Este obradoiro vaise celebrar este martes 28 de marzo, a partir das seis do serán e, consta como é lóxico dunha parte teórica e outra práctica, dentro das cales afondarase en aspeitos como a valoración dos feridos, tanto dentro dun medio seguro coma non seguro, ou as manobras básicas de soporte vital (pediátricas e de adultos), e mailo método base, obstrucción aérea por copo extrano. 

FS4.jpg

O domingo 2 de abril, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a Fase Final Comarcal da Liga Escolar Barcala-Xallas-Muros, dentro do programa Xogade, de onde sairán os equipos clasificados para a Fase Final Intercomarcal que se celebrará no mes de maio, e cuxa sé será novamente Negreira.

 

FS3.jpg

 

A Fase Final Comarcal comezará o domingo ás 9:30 horas e rematará ás 18:00 horas coa entrega de trofeos. Estes son os horarios:

 

                                               SEMIFINAIS

 

BENXAMÍN

09:30 h: Negreira B - Brión A

10:15 h: Mazaricos – Os Miúdos

 

ALEVÍN

11:00 h: Negreira A – Negreira B

11:50 h: Santa Comba B – Brión B

 

                                                 FINAIS

 

13:00 h:  Categoría Infantil

15.30 h:  Categoría Prebenxamín

16:15 h:  Categoría Benxamín

17:00 h:  Categoría Alevín

18:00 h:  Entrega de trofeos

 

Tempos de xogo:

 

Prebenxamíns: 15 minutos por parte

Benxamíns: 15 minutos por parte

Alevíns: 20 minutos por parte

Infantís: 20 minutos por parte

 

En caso de empate ó final do partido resolverase da seguinte maneira:

Semifinais: Lanzaranse 3 penaltis, e en caso de empate ó fallo

Finais: Haberá prórroga de 5 minutos, e se persiste o empate haberá penaltis.

 

Toda a información podes consultala en: http://adasrias.blogspot.com.es/

cuberta 1.jpg

O Concello de Negreira está a executar os traballos de montaxe da cuberta da pista de pádel número 1, no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, con cargo ao Plan de Acción Social (PAS 2015), cuxo contrato foi formalizado por un monto de 56.265 euros, resultando adxudicataria á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.

 

cuberta 2.jpg

 

Con motivo da execución destes traballos, o Concello de Negreira informa que a pista de pádel número 1 estará inoperativa para a práctica deportiva por espazo de dúas semanas ata que rematen devanditas actuacións.