A Asociación Terras de Compostela presenta a guía en inglés "Corrente Abaixo, Un Percorrido De Ensoño".
Esta guía está centrada nos tres ríos e afluentes máis senlleiros, do territorio de actuación da Asociación Terras de Compostela:
- Ulla: Camiño de beleza e o ensoño.
- Tambre: Lento e repousado entre arboredas.
- Xallas: Lugar das fervenzas.
Obxectivos:
- Poñer en valor o inmenso Patrimonio cultural e natural que hai na contorna dos Ríos.
- Dar a coñecer zonas e áreas fluviais pouco coñecidas polo público xeral.
- Contribuír á conservación de espazos e ecosistemas que se caracterizan pola súa fraxilidade.
- Dar a coñecer unha alternativa turística que combine cultura, natureza e actividades de ocio.
- Recopilación de lendas e recetas gastronómicas vinculadas cos ríos.