Proceso de selección de catro albaneis

pel_deputacion

O Concello de Negreira publicou as bases de selección de persoal laboral de carácter temporal durante sete meses para prestar servizos básicos municipais, ao abeiro do Programa PEL-Concellos 2026 que financia a Deputación da Coruña. 

As prazas ofertadas son: catro albaneis, oficiais de 1ª e 2ª.

Titulación requirida:

  • Certificado de escolaridade ou equivalente
  • Permiso de conducir tipo B
  • CELGA 1: en caso de non estar en posesión do título contémplase a posibilidade de presentarse a unha proba.

O sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición.

Prazo de presentación: 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (ata o luns 6 de abril, ás 14:00 horas), no Rexistro Xeral do Concello de Negreira. 

Consulta as bases completas do proceso aquí.