Negreira reclama á Xunta un novo centro de saúde e melloras no colexio do Coto
O alcalde de Negreira, que recentemente entrevistouse co conselleiro de Sanidade polo avanzado deterioro e maila falta de espazo do actual Centro de Saúde para o que pediu a construcción dun novo edificio, acorde coas necesidades do século XXI, trasladoulle onte esta mesma demanda á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
A delegada sinalou que Sanidade está a analizar a demanda e os técnicos visitaron Negreira, pero eludiu concretar en absoluto cal será a solución, pois agora mesmo é sabido que hai dependencias como as do Punto de Atención Continuada, na pranta baixa, que non cumpren mínimos esixidos tales como ter ventilación…….
Outro dos temas tratados durante o encontro foron os problemas do colexio O Coto: agora mesmo estánse executando traballos na cuberta para evitar as filtracións da chuvia, pero o máis grave segue sendo a antigüidade da instalación eléctrica, pois a OCA xa caducou sen que Educación fixése nada….
Ademais, tampouco fíxose a prometida polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, proba para o cambio da superficie do patio interior do colexio e segue habendo a necesidade dun mestre de música para educación infantil, tal e como demanda o equipo directivo e maila propia Asociación de nais e pais (Anpa) Val de Barcala.
O alcalde negreirés tamén interesouse por outras necesidades en materia de saneamento e de infraestruturas. Unha delas é a construción dunha rotonda na AC-556 á altura do parque empresarial de Covas, coa que búscase garantir a seguridade viaria e optimizar a mobilidade na zona.
Manuel Ángel Leis solicitou a colaboración da Xunta de Galicia para poder utilizar as instalacións da Unidade de Acción Formativa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten a carón do Complexo Deportivo de Pedra Mámoa.