Aberto o prazo para as axudas da Deputación para entidades sen ánimo de lucro
A Deputación da Coruña vén de convocar diversas liñas de acción para o desenvolvemento cultural de entidades sen ánimo de lucro e empresas privadas. O prazo de solicitude comezou o 17 de xaneiro e remata o venres 15 de febreiro, ás 14:00 horas.
Parar realizar a solicitude telemáticamente é imprescindible ter un DNI electrónico, ou Certificado Dixital, e efectuarase a través do link:
https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/acceso/login
Para coñecer detalladamente cada convocatoria preme nas seguintes ligazóns:
1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais:
2. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de inversións culturais:
3.Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego e formacións musicais de gran formato para o desenvolvemento de actividades culturais:
4.Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego para o desenvolvemento de actividades culturais:
5.Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego):
Máis información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Negreira.