futbolSalaWeb02052019.jpg

Os concellos de Santa Comba e Negreira celebran neste mes de maio e de forma conxunta por segundo ano consecutivo, a II Copa de fútbol sala, entre os equipos das ligas de fútbol sala de Negreira e Santa Comba.

 

Dende o pasado luns 29 estánse a xogar os partidos nos Pavillóns de Fontenla (Santa Comba), e Pedra Mámoa (Negreira). A gran final está fixada para o sábado 11 de maio no Pavillón de Pedra Mámoa, onde se entregarán os trofeos aos gañadores.

 

Consulta aquí o cadro de competición

 

avispa_web030519.jpg

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, achéganos o novo modelo de solicitude de tratamento contra o cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), no cal deberán realizarse todas as peticións de aplicación do inóculo.

 

Co obxecto de mellorar a eficiencia dos tratamentos, nas solicitudes deberá constar, necesariamente, a seguinte información:

- Datos de contacto do solicitante: Nome; apelidos; DNI e número de teléfono.

- Datos da parcela para a que se solicita o tratamento: Provincia; concello; polígono e parcela.

 

As peticións de aplicación do inóculo, así como as achegas ou solicitudes de calquera aclaración, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ou nos números de teléfono: 981.546.051 e 881.997.210.

 

Asemesmo, infórmase que os datos persoais que consten na comunicación vanse a incorporar a un fiecheiro automatizado, propiedade da Xunta de Galicia, cuxo tratamento é responsabilidade da Consellería do Medio Rural.

 

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Avespiña do castiñeiro

 

Doutra banda, as parroquias de San Pedro de Bugallido e de San Martiño de Liñaio, forman parte da listaxe de lugares das catro provincias galegas onde a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, está a executar ao longo da semana do 29 de abril ao 3 de maio, os tratamentos experimentais contra a avespiña do castiñeiro, que científicamente coñecese como o Drycosmus kuriphilus.

ruta8_web030519.jpg

Cada tapa terá un prezo simbólico de 0,50 euros e o sábado pola noite sucederase a animación musical con varios grupos tradicionais. Chega a oitava Ruta dás tapas a Negreira en doce establecementos que esta fin de semana ofrecen as súas tapas.

 

Os participantes deberán selar o seu tapasporte para o reconto final de votos que decidirá a tapa e o establecemento gañador. Tamén se sorteará un bono trocable en Viaxes Tambre.

 

O sábado a partir das oito da tarde sucederase a animación musical extra dos cantos de taberna. Na súa primeira edición actuarán os grupos: Os Ke Hai e Os Regatos, de Callobre (A Estrada); Maravallada, de Pontevedra, así como Tíralle do Aire.

 

As tapas poderanse degustar nos seguintes locais: A Nosa Taberna; La Colombiana; Fontana; Oriel; A Esmorga; Casa dá Cultura; Porto; Galaecia; O Cotón;

D´Tapas; Os Arcos e Peter Bar.

 

Horarios de tapeo

 

Venres: 19:00 a 22:30 horas.

Sábado: 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.

Domingo: 12:00 a 14:30 horas.

portada_ximnasia_Link03052019.jpg

O Concello de Negreira, coa colaboración do Club Ximnasia Rítmica Compostela, organizan este sábado no pavillón de Pedra Mámoa, a terceira fase do II Torneo Interescolas, en horario de mañá; e mailo terceiro Torneo Vila de Negreira, en horario de tarde. O domingo pola mañá, terá lugar a VI Gala de Ximnasia Rítmica.

 

O evento, organizado polo Concello e mailo Club Ximnasia Rítmica Compostela, constitúe unha actividade consolidada no calendario deportivo do municipio. Este ano congregará no pavillón de Pedra Mámoa a máis de 900 ximnastas dispost@s a dalo todo nas diferentes categorías, con exhibicións con aros, mazas, pelotas, cinta ou cordas.

 

A programación do sábado comezará ás 10:00 horas co II Torneo Interescolas, que rematará ás 14:00 horas. Na terceira fase desta competición entre escolas de Negreira, Ourense e Abegondo, participarán un total de 400 ximnastas, procedentes de diferentes clubs de ximnasia de Galicia.

 

Ás 16:30 horas do sábado comezará o III Torneo de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, que rematará ás 20:30 horas, e que contará coa participación de 300 ximnastas. Os torneos contarán cun xurado conformado por cinco membros. Para rematar a fin de semana, o domingo celebrarase a VI Gala de Ximnasia Rítmica, a partir das 11:30 horas, coas exhibicións de 280 ximnastas de Negreira e Santiago.

 

“En Negreira xa é un clásico acoller estas competicións. É de agradecer contar co Club Ximnasia Rítmica Compostela para este tipo de actuacións, que serven para impulsar as nosas deportistas”, segundo explicou Jorge Tuñas Caamaño, alcalde de Negreira.

 

niñas_web030519.jpg

portada_web_maiores060519.jpg

O campo da feira acolleu o pasado sábado 4 de maio, a edición número vinte e catro do Encontro dos maiores de Negreira, na que foi a despedida do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño; e tamén da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, e do ex alcalde, Juan Rey Maceira, pois ningún deles concorrerá aos comicios municipais do 26 de maio.

 

Os irmáns Victorina e Jesús Dourino Forján Mayo, de 102 e 100 anos, respetivamente, foron homenaxeados coma os máis lonxevos entre os setecentos participantes, recibindo sendos agasallos de mans do alcalde Jorge Tuñas, e mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. O evento incluíu un baile final amenizado polo dúo Matices.

 

pie_maiores060519.jpg

portada_clausura_escolas070519.jpg

O Concello de Negreira clausura este sábado 11 de maio, a partir das 15:30 horas e no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, a tempada de Escolas Deportivas 2018/2019 con exhibicións e partidos das diferentes disciplinas deportivas que teñen cabida na ampla oferta deportiva do Concello.

 

Como colofón á xornada, a partir das 19:30 horas terán lugar os partidos polo terceiro posto, seguido da gran final, da Copa de Fútbol Sala 2019 dos concellos de Santa Comba e Negreira.

 

horario_escolas_clausura070519.jpg

portada_ximnasia070519.jpg

Negreira acolleu o sábado 4 de maio a terceira fase do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica, onde compre salientar o primeiro posto en conxuntos cadete e un terceiro posto en conxuntos infantil, da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, que tamén participa neste torneo cun conxunto alevín.

 

En categoría cadete, o conxunto de Negreira obtivo a máxima nota con 11,70 seguidas do Cadete B do Rítmica Compostela (11,35), e do Club Maniotas con 11,20 de nota final.

 

En categoría infantil, as de Negreira lograron a medalla de bronce cunha nota de 10,90, por detrás da Escola de Ximnasia Porta Norte (11,30), e do Colexio Internacional Eiris, cunha nota final de 12,00.

 

En categoría alevín venceu o Colexio Internacional Eiris, seguidas do Ximnasia Oroso e Ximnasia Coruña.

 

A cuarta fase e final do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica celebraráse en O Carballiño o un de xuño.

 

Actas dos torneos:

 

Fotos: Difusión ProSport

 

pie_ximnasia070519.jpg

portada_esmorga090519.jpg

Un petisco elaborado a base de churrasco, con pataca panadeira, grelos e pan de broa, resultou ser a gañadora da exitosa oitava edición do roteiro de tapas de Negreira celebrada do 3 ao 5 de maio, nunha ducia de establecementos da vila.

 

A tapa da cervexaría A Esmorga obtivo o maior número de votos entre os tapeadores, seguida do polo en salsa de tomate con pure de patacas, do bar Oriel; e os boliños de bacallau con base de alioli e toque de pemento picante dá Vera, que foi presentado polo restaurante Os Arcos.

 

Este venres 10 de maio, ás nove da noite, entregarase a peza de artesanía en cera que simboliza o premio ao gañador, así como o sorteo dun bono viaxe entre quenes selaron a totalidade dos seus tapaportes. Dita entrega terá lugar na cervexaría A Esmorga.

 

cantos_pie090519.jpg

logo2.jpg

Mañá sábado ten lugar a fase final do Club de Debate no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

A xornada comezará co enfrontamento entre o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón contra o equipo do IES Ames preto das dez da mañá.

 

Un equipo do IES Xulián Magariños de Negreira acadou esta fase final pasando de primeiro na fase de zona na que foron os anfitrións o pasado 5 de abril. O equipo formado por Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez.

 

Xunto ca súa coordinadora María José García Merino, profesora do departamento de galego no centro, e a súa prepraradora Sara Porrit Marchena farán o seu debú na gran final ó redor das doce e dez debatindo contra o equipo do IES Mendiño, e o farán coa postura “a favor”.

 

Xa na xornada da tarde, ás 15:50 o equipo negreirés enfrontaráse ao equipo do IES de Milladoiro, defendendo unha postura “en contra”.

 

O anuncio dos gañadores, asi como a entrega de premios, será a partir das seis menos dez.

 

A temática elexida para esta fase final é “Falamos na lingua que escollemos” como parte do debate, se debaterá sobre a liberdade de escolla á hora de falar en galego, por exemplo, ou non e, ademáis, se a diversidade de linguas nunha mesma zona territorial é beneficioso ou non.

 

recorte_grande.jpg

portada_ADOS100519.jpg

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), Cero negativo(0-) e A positivo (A+) permanecen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) atópanse en nivel normal, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ( ADOS).

 

ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

 

Co fin de facilitar a doazón, este luns, 13 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles a varios municipios galegos, entre eles, Negreira, que estará diante do Centro de Saúde pola tarde, de 15:30 a 21:00.

 

doa_sangue_130519.jpg