karate070219.jpg

Este sábado 9 de febreiro, Negreira ten un novo encontro co deporte. A Asociación Deportiva do Coto celebra o seu vixésimo sétimo trofeo no que o kárate se viste de gala e se pon en valor a esencia do mesmo. A competición comezará ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

 

Na presente edición serán aproximadamente  200 os participantes e con clubes procedentes de toda Galicia. Concretamente, asistirán 16 clubs pertencentes á comarca de Ferrolterra, de Verín, de Santiago de Compostela, e da veciña Val do Dubra, e por suposto, a asociación anfitriona, con máis de 30 rapazas e rapaces en tódalas categorías.

 

Este ano como novidade dispútase unha modalidade de kata mixta por equipos que, de seguro, resultará un gran éxito. Así, ca realización de unha competición centrada na kata, a Asociación Deportiva do Coto pretende poñer en valor os principios fundamentais da mesma.

O Concello de Negreira informa da orde que establece as bases para a promoción e consolidación do emprego autónomo, a través dos seguintes programas:

 

• Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo.
• Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.


O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2019.
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta en autónomos ou mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.


Máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Negreira e no seguinte enlace:

 

ados.png

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, quen suministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia, informa do desprazamento a Negreira dunha das súas dez unidades móbiles que percorren os concellos galegos, este luns 11 de febreiro, no seguinte horario:

 

- De 9:30 a 14:30 horas

- De 16:00 a 21:00 horas

 

Devandita unidade móbil permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao.

 

Segundo o semáforo do sangue, as reservas dos principais grupos sanguíneos para a semana do 11 ao 17 de febreiro, indica que os grupos A Negativo e A Positivo están nun nivel baixo (cor laranxa), mentres que as dos grupos Cero Negativo e Cero Positivo, atópanse en niveis normais (cor amarela).

 

Son moitos os motivos para doar, non o esquenzas. Comparte saúde. Doa sangue de tódolos grupos sanguíneos para atendelas 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

cortedeagua.jpg

Debido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable do servizo de abastecemento do Concello de Negreira, infórmase que o mércores día 13 de febreiro, dende as 23:00 horas, ata as 6:00 horas do xoves 14 de febreiro, producirase un corte no fornezo de auga da traída municipal que afectará a toda a rede de Negreira, a cal considerarase en presión a tódolos efectos.

 

Para calquera consulta poden chamar aos seguinets números de teléfono do Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira:

 

* 626 986 941

* 981 881 569

entroido080219.jpg

O desfile a cargo dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal o venres 1 de marzo, marcará o inicio das festas do Entroido de Negreira, que un ano máis terá no desfile de carrozas e comparsas do sábado o seu momento culminante.

 

O Concello preparou un amplo programa festivo que o venres pola noite inclúe a Iª Concentración de Charangas a cargo das formacións "Tíralle do Aire" de Negreira, "Os Celtas" de A Baña e os "Gaitas Blues" de Outes.

 

O sábado é cando toda a comarca de Barcala vive unha das xornadas máis agardadas do ano coa celebración do gran desfile de carrozas e comparsas que repartirá máis de 6.000 euros en premios.

 

PROGRAMA ENTROIDO 2019

 

- Venres 1 de marzo:

 

12:00 h. Desfile de Entroido a cargo da Escola Infantil, polas rúas de Negreira.

22:00 h. Iª Concentración de Charangas, pasacalles a cargo das formacións "Tíralle do Aire" de Negreira, "Os Celtas" de A Baña e os "Gaitas Blues" de Outes.

 

- Sábado 2 de marzo. Gran desfile de Carrozas e Comparsas.

 

Ás 16:00 h. Concentración no Campo da Feira.

Ás 17:00 h. Comezo do desfile.

Ás 18:00 h. Pregón do Entroido.

Ás 20:00 h. Entrega de Premios na Praza do Concello. Actuación do Grupo Ciclón (haberá unha gran carpa).


CARROZAS     COMPARSAS    IND./PARELLAS    GRUPOS
 1º  1.000 €        1º  1000 €          1º    150 €             1º  250 €
 2º     600 €        2º    600 €          2º    100 €              2º  150 €
 3º     300 €        3º    300 €          3º      50 €              3º  100 €
 4º     150 €        4º    150 €   

1º accésit 100 €      1º accésit 100 €        

2º accésit 100 €      2º accésit 100 €       
 
Premio copla “Juan Varela Areoso”:  100 €

 

- Domingo 3 de marzo. Gran baile de disfraces para maiores.

 

A partir das 19:00 h. no Centro Sociocultural, baile de disfraces a cargo dun dúo musical.

 

Premios:

- Mellor parella: Cea nun restaurante

- Mellor grupo (máximo catro persoas): Xantar nun restaurante

- Mellor caracterización: Cafeteira TASSIMO

 

- Luns 4 de marzo. Baile infantil de disfraces no Centro Sociocultural.


Ás 17:00 h. Entrada no Centro Sociocultural.
Ás 18:00 h. Comezo do desfile do concurso.


Premios:

Grupo A (1 a 6 anos)

1º Cheque regalo (valor 120 €)
2º Cheque regalo (valor 70 €)
3º Cheque regalo (valor 50 €)

 

Grupo B (7 a 16 anos)

1º Cheque regalo (valor 230 €)
2º Cheque regalo (valor 100 €)
3º Cheque regalo (valor 50 €)

 

Máis información:

Teléfono 981 885 886, e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Foto_Rianxo.jpg

O Auditorio de Negreira albergará unha das tres fases de zona do Club de debate previas á gran final de 2019 e dentro da iniciativa que desenvolven os equipos de Normalización Lingüística. Será o venres día 5 de abril, nas instalacións do Centro Sociocultural, e coa participación dun equipo do instituto Xulián Magariños, en representación do Concello de Negreira, así como centros educativos de Rianxo (IES Félix Muriel), Dodro (CPI Lourenzo Baleirón), e de Ferrol e Oleiros.

 

A primeira toma de contacto produciuse o pasado luns en Rianxo, cunha xornada de preparación e un simulacro para os equipos participantes na fase de zona de Negreira, e que xunto coas de Pontevedra e Ames, decidirán os equipos que se clasifican para a gran final.

 

¨Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación¨, é a temática escollida polos centros de ensino participantes na fase de zona de Negreira. Participan equipos mixtos de entre 4 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, e de 1º de bacharelato e ciclos formativos.

Os Servizos Sociais Comunitarios informan que desbloqueanse as pensións non contributivas para os pensionistas de Venezuela, residentes en Galicia, debido á actualización dos tipos de cambio do bolivar.

Poden ser beneficiarios:

* Os maiores de 65 anos que teñan 10 anos de residencia en Galicia desde os 16 anos ata á idade actual, e dous destes teñen que ser inmediatamente anteriores á solicitude da pensión e que non se ausentaran do país máis de 90 días nestes 2 anos.

* Os menores de 65 anos co 65% de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia e 5 anos de residencia en Galicia, dous inmediatamente anteriores á solicitude e non se ausentaran do país máis de 90 días nestes 2 anos.

* Non superar o límite de ingresos legalmente establecido segundo o número de convivintes.

Solicitudes e máis información, nas oficinas de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3).

montesori.jpg

O Concello de Negreira colabora na realización dunha serie de talleres para a difusión do método educativo Montessori, unha das filosofías educativas máis estendidas e recoñecidas dentro das pedagoxías alternativas, e que se caracteriza por ser un dos métodos máis «respetuosos e beneficiarios ó ter en conta os ritmos, intereses e necesidades vitais dos nenos», segundo destacou a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

María Montessori, mestra é médica de profesión, foi a mentora deste método. Este curso se vai a impartir a través de tres talleres durante tres sábados: 23 de febreiro; 9 de marzo e mailo 6 abril, de 10:30 a 14 horas, na Casa da Cultura. Para isto, apoiámonos no coñecemento, na experiencia e o saber facer dunha nai e guía Montessori, Ana Belén Vieito Agra, mestre de ioga para menores e adolescentes.

Ó longo de tres módulos repartidos en tres meses, preténdese que tanto os profesionais da ensinanza coma calquera outro colectivo ou particular afectado e impricado pola súa labor educativa, coñezan este método, e a sua aplicación práctica na vida diaria.

No primeiro taller (23 de febreiro), abordarase a importancia dos seis primeiros anos de vida. No segundo (9 de marzo), a formación da personalidade, temperamento e carácter, e no terceiro (6 de abril), o acompañamento emocional: Liberdade e límites.

Máis información e reserva de prazas en: www.ioagana.com.

Prebenxamin.jpg

O Concello de Negreira estará representado por 5 equipos na fase final comarcal da Liga de Fútbol Sala Escolar Barcala-Xallas-Muros, do programa Xogade, da Xunta, a celebrarse este domingo no pavillón municipal de Miraflores, na localidade de Muros, e que organiza a Escola Deportiva Os Miúdos.

 

A Escola de Futsal do Concello de Negreira preséntase en Muros con dous equipos (benxamín e alevín), campións da liga regular, pois gañaron os seis partidos, xunto con outros dous nestas dúas categorías, quenes lograron a terceira praza. Nesta edición, tamén se vai xogar a fase final na categoría pre-benxamín, onde o Negreira A clasificouse como cuarto.

 

PREBENXAMÍN

09:50 | Os Miúdos - Brión

10:40 | Amarelle A - NEGREIRA A

BENXAMÍN

11:30 | Os Miúdos A - NEGREIRA B

12:20 | NEGREIRA A - Brión

 

ALEVÍN

13:10 | Os Miúdos A - NEGREIRA B

14:00 | NEGREIRA A - Brión

Alevin_A.jpg

 

Alevin_B.jpg

 

 

FINAIS

16:00 | Prebenxamíns

16:50 | Benxamíns          

17:45 | Alevíns

O departamento municipal de Servizos Sociais informa sobre as Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión.

Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:

a.      Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b.      Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)

c.       Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

d.      Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

e.      Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Negreira.