Utiliza a túa voz como complemento opcional á navegación con teclado e rato. O micrófono escoita un só comando despois de que o actives. A navegación con teclado permanece dispoñible en todo momento.
Esta web non recibe nin almacena o audio do micrófono. Segundo o navegador e a súa configuración, o seu servizo de recoñecemento de voz pode procesar o audio de forma remota. Activa o micrófono unicamente se aceptas este tratamento.
Escoitando…
Comandos dispoñibles
Inicio da páxina
Final da páxina
Subir
Baixar
Contido principal
Abrir menú
Pechar menú
Buscar
Ler páxina
Pausar lectura
Deter lectura
17 actividades compoñen o Outono cultural deste 2025...
Teatro - Titeres - Danza - Música Presentación de libros - Certame de Poesía- Exposicións-Contacontos...
Unha programación da máxima calidade con actividades para todalas idades e tódolos gustos a precios reducidos ao máximo ou gratuitas...
Non aí excusas, SÓ FALTAS TI.
Agradecemento especial a tódalas institucións que a fan posible:
Circuítos culturais da Deputación de A Coruña
Outono das Artes da Deputación de A Coruña.
Rede Galega de teatros e auditorios de Agadic - Xunta.
Xacobeo.gal
Toda a información nas redes de Cultura Negreira.
Venda anticipada de entradas en www.woutick.es ou oficina de cultura de 08:00 a 14:00h.
A cuadraxésima cuarta edición de A Clásica, a Carreira Internacional de Negreira, foi presentada polo Concello como organizador dun evento incluido no calendario nacional da Federación Española de Atletismo e que se celebrará o domingo 2 de novembro. Inclúe duas probas principais, o 5K e o 10K. Ademáis, terá catro probas escolares. As inscricións están abertas na web emesports.es cun prezo de oito euros para adultos ata o 12 de outubre. Con posterioridade serán dez, ata o peche do prazo.
Na presentación, na que oficiaron como anfitrións o alcalde, Manuel Ángel Leis, a concelleira de Deportes, Mar García Vidal, e contou coa presenza de representantes do Club Triatlón O Cotón e do Club Atletismo Negreira. Avanzouse que haberá un novo circuito homologado, tratando de melloralo para os corredores.
Un ano máis, na Clásica de Negreira repartiránse 6.000 euros en premios e espérase unha representación de atletas africanos que a convirten en todo un espectáculo para os amantes do running.
O Concello de Negreira informa á cidadanía en xeral da implantación dun novo horario de atención ó público nas oficinas e departamentos municipais da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, a partir do martes 23 de setembro, e que vai de 09:00 a 14:00 horas e que responde á necesidade pola carga de traballo en momentos puntuais, de realizar unha labor máis eficaz no día a día.
As dúas horas restantes, de 8 a 9 e de 14 a 15 horas, respectivamente, foron fixadas para organizarse e realizar traballos previos por parte de cada departamento municipal.
Abrese o prazo para poder participar no XIV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro. Estara aberto ata o 16 de decembro e o fallo do xurado e entrega de premios esta prevista para o 16 de xaneiro de 2026 no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.
Manteñense os premios de 2500€ mais a publicación do libro para o gañador e de 500€ para o finalista , no que é xa un dos Certames de Poesía mais importantes da nosa Comunidade Autonoma.
Agradecer a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura para poder levalo a cabo xunto co Concello de Negreira.
A Escola Municipal de Música que dirixe Raúl Martín Niñerola pechou a súa matrícula para o curso 2025/26 que comeza o próximo mércores, día 1 de outubro, nas dependencias da escola na última planta do Centro Sociocultural. En total son 106 alumnos e alumnas matriculadas, sendo moi compensada a matrícula por instrumentos, tal e como sinala o seu director.
A presentación do curso realizarase o venres 26 de setembro, ás 18:00 horasno auditorio Afonso Eanes do Cotón, asignándose os horarios de instrumentos. Con respecto aos anteriores cursos, a Escola Municipal de Música presenta certas novidades: «Cambiamos a metodoloxía de linguaxe musical. Utilizamos a metodoloxía de I-MUSI que incorpora o libro físico, libro dixital e a plataforma interactiva», segundo subraia Raúl Martín que engade «é unha metodoloxía moi progresiva e intuitiva que agardamos guste ao noso alumnado e ás familias», declarou.
Por último, hai cambios en canto ás audicións musicais durante o curso: haberá dúas no Nadal e outras dúas ao final do curso; e antes das vacacións de Semana Santa celebrarase a Semana Musical.
O próximo luns 15 e ata o 29 de outubro abrese o prazo para anotarse nas escolas culturais.
Pintura, Teatro, Pandeireta, Sevillanas (Flamenco), Baile Galego, Baile Moderno e Informática aplicada ao manexo do móbil son as escolas ofertadas está tempada.
Nos anexos tendes os horarios e prezos, podedes descargala fichae mandala por email: marcos.perez@concellodenegreira.es ou wasupp ou facela presencial na oficina de cultura de 08:00 a 14:00h.
O venres 12 de setembro vaise a celebrar unha nova edición do Wakau Urban Fest, unha iniciativa de cultura urbana en donde os deportes como o skate, parkour ou baloncesto 3x3 van a estar presentes.
Haberá tamén xogos para os máis pequenos como pintura de camisetas, inchables deportivos e zonas para pintar.
Ven a disfrutar das últimas xornadas deste verán 2025 en compaña dos teus amigos a partir das 17:30 h no Parque do Coto.
Programa:
Venres 12 setembro
17:30 h.- Obradoiro de Cap Paint
18:00 h.- Obradoiro Hip-Hop
18:30 h.- Skate Park
18:30 h.- Deslizador
19:00 h.- Parkour Park
20:30 h.- Concurso baile: Premios para os 3 mellores duos/grupos
O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións dentro de Outono das Artes da Deputación de A Coruña , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación desta campaña.
O sábado 20 de setembro inagurase con TromsØ da compañía Morraoconto unha reflexión en clave de humor dende a perda cunha posta en escea que non deixara indiferente a nadie , o venres 3 de outubro Blues de Medianoite de Laboratorio escénico , exercicio multidisciplinar de Danza,Música e Teatro para que afloren os sentidos , sábado 25 de outubro Nanai da china de Pérez&Fernández, espéctaculo de monicreques gañador do Maria Casates no 2024 nesta categoria e o venres 12 de decembro As Desterradas de Produccións Excéntricas , a obra de Carme Varela maxistralmente dirixida por Quico Cadaval sobre a resistencia das monxas a xerarquía eclesiática no século XVI .
Todalas funcións faránse no Auditorio Afonso Eanes do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.esou na oficina de cultura cos prezos de 3€ entrada xeral para todos.