Agencia de Empleo y Desarrollo Local

Axencia de Emprego
AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA
+34 981 885 250
correo@concellodenegreira.es
De 9:00 a 14:00 (de lunes a viernes)
Rúa do Carme, 3 - 15830 - NEGREIRA

¿Qué es? El servicio de Desarrollo Local es una iniciativa municipal creada con el objetivo de facilitar el desarrollo del contorno socioeconómico y la creación de empleo. Su ámbito de actuación es exclusivamente municipal, dependiendo orgánica y funcionalmente del propio Ayuntamiento; carece de personalidad jurídica propia y está configurada como un servicio municipal. En la actualidad los cuestes de funcionamiento están cofinanciados por la Economía, Empleo e Industria y el Ayuntamiento de Negreira.

  • Deseño e preparación de programas de fomento de emprego como obradoiros de emprego e proxectos como Rede Xiana en colaboración coa Deputación de A Coruña.
  • Información das axudas existentes para emprendedores, empresas, comercio e demáis colectivos.
  • Apoio a empresas locais. Colaboración coa Asociación de Empresarios.
  • Asesoramento aos emprendedores para a elaboración do seu Plan de Empresa.
  • Organización de xornadas de formación.
  • Promove-la economía social e a inserción no mundo laboral, en especial dos grupos máis desfavorecidos (xóvenes, mulleres, parados de longa duración...), ou autoemprego e a creación de novas empresas.
  • Axudas da Xunta de Galicia para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
  • Axudas do IGAPE para emprendedores e investimentos.
  • Programas e Proxectos Europeos (GDR , Rede Xiana, Galeuropa, Desenvolvemento de Programas de Desenvolvemento Rexional Europeo, etc…)
  • Axudas destinadas a modernización do pequeno comercio, e melloras ó comercio local.
  • Axudas para a protección do medio ambiente.
  • Axudas para as Asociacións.
  • Convocatorias da Deputación para a mellora, ampliación e actualización de servizos e actividades.
  • Axudas destinadas a incrementar o turismo.
  • Axudas destinadas a reducir o absentismo laboral, a contratación precaria xuvenil e programas de mellora xuvenil.
  • (orientacion laboral)
  • (orientacion laboral)

Rede Xiana: proxecto promovido pola deputacion da Coruña e cofinanciado co FSE co obxeto de disminuir os niveis de desemprego da provincia da Coruña, mellorando a empregabilidade das persoas desempregadas e ao apoio ó autoemprego.

Programa de Garantía Xuvenil

Deseñando o teu futuro no Concello de Negreira

O proxecto  Deseñando o teu futuro en Negreira  proporcionará ás persoas de 14 a 18 anos do concello de Negreira, un conxunto de actuacións programadas que aproximará a realidade socio-laboral e empresarial do contorno a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faga máis doada a transición entre escola e traballo.

Neste proxecto a alianza entre contorno familiar, escolar, empresarial e administrativo do concello conformarán a oferta de visitas-estadías en empresas de diferentes sectores económicos onde as persoas participantes adquiriran coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e a súa formación. Ademais de promover o coñecemento das potencialidades endóxenas do territorio, xacementos de empregos, boas prácticas empresariais e recursos dispoñibles para o emprego e emprendemento. Impulsarase a relación e integración da mocidade na vida económica empresarial dos seus propios territorios e o arraigo destas novas xeracións que poden frear o despoboamento das zonas rurais galegas e polo tanto garantir o futuro destes territorios.

Apoiar o proceso de orientación vocacional e profesional da mocidade entre 14 e 18 anos do concello participantes no proxecto conectando a dimensión social, persoal/familiar e a dimensión territorial promovendo unha transición escola-traballo con arraigo nas actividades económicas enfocadas.

O obxectivo sería a realización de estadías-visitas non remuneradas en empresas do Concello de Negreira e en xeral de Galicia para adquirir competencias, habilidades e cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e a formación dos mozos e mozas entre 14 e 18 anos do concello de Negreira.

Relacionados cos axentes participantes no proxecto: mocidade, centros escolares, familias, tecido empresarial e administracións promotoras do proxecto.

Mocidade

  • Coñecer a realidade das empresas do territorio á mocidade mediante visitas-estadías de 30 mozos/as do concello de Negreira.
  • Comprender o mundo do traballo: promover actitudes, hábitos e coñecer as normas do contorno laboral.
  • Aprender a comunicarse, adaptarse aos cambios e manexar informacións relacionadas coa práctica laboral e empresarial.
  • Coñecer os recursos para o emprego e o emprendemento.
  • Mellorar as habilidades e empregar ferramentas que faciliten a súa futura inserción laboral e os procesos de decisións vocacionais, laborais e formativos.
  • Ampliar os contactos persoais con empresas e o eido socioeconómico do seu contorna.
  • Participación activa no proxecto: proceso de preparación, experiencia e avaliación da súa estadía-visita.

Centros Escolares

  • Promover a conexión entre escola e traballo ao través da participación dos centros e servizos de orientación na planificación, execución e seguimento dos participantes.
  • Facilitar a practica e aplicación das actitudes, aptitude, coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas nos procesos de aprendizaxe realizados polos educandos nos ciclos formativos do centro.
  • Ampliar os contactos co tecido empresarial e servizos administrativos da contorna do centro escolar cara a programas de prácticas non laborais e outros programas previstos polo centro escolar.
  • Fornecer os procesos de orientación formativa e profesional.
  • Promover o espírito emprendedor e cooperativo nos itinerarios formativos do centro.

Familia

  • Participar ao través das ANPAS na planificación, execución e avaliación dos fillos e fillas participantes no proxecto.
  • Apoiar o proceso de decisión vocacional, formativo e laboral dos seus fillos e fillas.
  • Mellorar a integración socio-laboral e expectativas de empregabilidade dos seus fillos e fillas.

Empresas

  • Mostrar as boas prácticas da súa empresa. Promoción empresarial.
  • Captar posibles talentos potenciais e futuros traballadores na mocidade do territorio.
  • Promover o relevo xeracional nas minipemes.
  • Practicar a responsabilidade social empresarial e compromiso co futuro do territorio.

Administración

  • Promover o emprego e o emprendemento.
  • Divulgar os recursos e ferramentas dispoñibles para o emprego e e emprendemento no territorio.
  • Amosar as oportunidades do territorio ao relevo xeracional para afianzar a poboación moza no futuro do concello.
  • Facilitar a colaboración interinstitucional e público-privada cara a un desenvolvemento harmónico, intelixente e sostible do territorio.Mellorar e apoiar os procesos de decisión vocacional e formativa da mocidade.
  • Fomentar o acceso á orientación e a información da mocidade.

GALEUROPA (GALEUROPA)

VOLUNTARIADO XUVENIL

INFORMACIÓN XUVENIL E ACTIVIDADES XUVENILES

REDE EUSUMO

Colaboración do Concello de Negreira xunto cos concellos de Val do Dubra, Santa Comba e a Baña para o establecemento no Concello de Santa Comba, dun centro de información e asesoramento a cooperativas intentando solventar dúbidas a cerca deste modelo de constitución, informando das ventaxas e inconvintes da cooperativa, e mellorando os canles de información e asesoramento dos socios , tamén creando un espíritu cooperativo que se propagará polos catro concellos.

ERASMUS +

O concello de Negreira, participa na organización e colaboración con outros concellos dos programas Erasmus+, onde se ofrece a posibilidade de viaxar e de coñecer outras culturas e países a xóvenes do noso concello, intentando crear vínculos, crear novas ilusións e motivar a xuventude.

OBRADOIROS DE EMPREGO

O concello de Negreira, colabora este ano 2016 na organización de Obradoiros de Emprego xunto cos concellos de Val do Dubra, A Baña e Santa Comba, onde se ofrece a posibilidade de aprender traballando, e moitos desempregados mediante estes proxectos mixtos de formación e emprego logran mellorar a súa autonomía persoal, e a súa empregabilidade. Accións mixtas de formación e emprego:

  • escolas taller para menores de 25 anos.
  • obradoiros de emprego para maiores de 25 anos.

PROGRAMAS INTEGRAIS DE EMPREGO (PIEG) O concello de Negreira, colabora xunto co Concello da Baña na elaboración e creación dun programa integral de emprego en varios ámbitos profesionais, onde se intenta mellorar a ocupabilidade e potenciar a búsqueda activa de emprego mediante a coordinación de orientadores laborais e axentes de emprego dos diferentes concellos.

PROGRAMA INTEGRAL LABORAL:O concello de Negreira pon en marcha o Programas Integral de Emprego onde se pretende disminuir o desemprego en aqueles colectivos máis desfavorecidos segundo os datos do último padrón publicado polo Instituto Nacional de Estadística, as persoas a contratar no programa deberán estar entre os demandantes en situacións de exclusión laboral. Estas situacións son as seguintes: Mulleres, ó ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ó dos homes. Maiores de 45 años. Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade en un grao igual ou superior ó 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar. Persoas desfavorecidas que estéan en algunha das seguintes situacións: drogodependencia, vivir nun fogar onde nadie teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais. Parados de larga duración. Ós efectos de este programa se considerarán como parados de larga duración aquelas persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego. Persoas vítimas de violencia de xénero, as persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego, circunstancia que deberán acreditar os concellos con carácter previo á contratación.

ENLACES DE INTERESE