Foto-escolas.jpg

O Concello de Negreira oferta máis de 30 actividades para nenos/as e adultos/as no novo curso das Escolas Deportivas e Culturais municipais.

Entre as actividades culturais inclúese informática, teatro, pintura e gravado, danza tradicional e pandeireta.

Dentro das escolas deportivas ofértanse para nenos e nenas actividades polideportivas, atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol sala masculino e feminino, judo, kárate, multideporte, patinaxe, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica.

Para as persoas adultas haberá aerobic, atletismo, ioga, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa, ximnasia de mantemento e ximnasia para maiores.

As clases, polo xeral, comezan na primeira semana de outubro, aínda que hai algunhas excepcións.

As persoas interesadas deben anotarse na Delegación de Cultura e Deportes antes do 11 de outubro. Nalgúns casos as prazas son limitadas e iranse cubrindo por orde de anotación.

O prezo estándar por curso é de 40€, con descontos para familias ou persoas que participan en máis dunha escola.

Pódese consultar toda a información a través desta ligazón:

https://escolasdeportivasmunicipais.blogspot.com.es/

HG31C8F3_213643.jpg

Isabel Risco e Fran Rei traerán o espectáculo cómico Dous no Camiño este sábado á nosa vila.

A cita, con entrada libre, está fixada para 20h na explanada que está xunto ao instituto Xulián Magariños.

Trátase dunha montaxe dirixida por Avelino González, con texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala, que foi creada especificamente para a programación  do Xacobeo Vive o Camiño 2017.

Isabel Risco e Fran Rei son dúas caras ben coñecidas no mundo do humor e da interpretación en Galicia. Desta volta transfórmanse en camiñantes para ofrecernos unha proposta de circo e clown que conquistará as risas do público.

santamargarita.jpg

Achéganse as festas de Santa Margarida cuns días ateigados de propostas no noso Concello.

Mañá celebrarase a XI edición do Día da Bicicleta, que arrincará ás 10h da mañá dende a explanada xunto ao instituto. A esa hora concentraranse as persoas participantes. Sairán primeiro os máis pequenos, que lle darán ao pedal durante 1,2 quilómetros, e despois, ás 11h, os adultos, con 10 quilómetros.

Pola tade, máis deporte, co torneo de baloncesto que vai haber no parque do Coto a partir das 16:30. Nel enfrontaranse os equipos de benxamíns de Negreira e Porto do Son, de cadete feminino do Pio XII e do Porto do Son e de cadete masculino do Rosalía de Castro e do Porto do Son.

Despois, cita importante co humor co espectáculo 'Dous no Camiño' da man de Isabel Risco e Fran Rei. Trátase dunha montaxe para todos os públicos que foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017. Poderase ver ás 20h na explanada que hai xunto ao instituto.

Tamén mañá nova proxección de cine na rúa, co filme Os Minions na praza das Brañas ás 22:30h.

Alí, o domingo pola mañá inaugurarase a nova pista de petanca, coa celebración dun torneo a partir das 10h. Nel participarán xogadores de Negreira, así como do C. P. Ensino, do C.P. A Bandeira e da selección galega.

Xa pola tarde, Festival de Bandas ás 18h na praza do Concello, coas bandas de Boiro, de Brión e a Ateneo de Negreira. Pola noite toca verbena a cargo da orquestra New York, xunto coa disco móbil EME Music e o Dj Marcos Magán.

O luns a charanga Os Celtas poralle música ás rúas ao longo da mañá. Ás 12 do mediodía haberá misa solemne na honra de Santa Margarida na igrexa parroquial. Deseguido, sesión vermú cos Celtas e o Trío Alborada, que repite pola noite amenizando a verbena que lle porá o broche final a estas celebracións.

ave_rebu_2017.jpg

No mes de outubro comeza unha nova tempada dos programas lúdicos de encontro Avelaíños e Rebuldeiros, a cargo do Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento Negreira-A Baña.

 

Avelaíños

Para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos, todos os martes, primeiros e terceiros de mes, de 16.30 a 18.30 horas, na Bebeteca da Casa da Cultura.

2017avelainos.jpg

 

Rebuldeiros

Para familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos, todos os martes, segundos e cuartos de mes, de 16.30 a 18.30 horas, na Bebeteca da Casa da Cultura.

Anótate no número de teléfono 607 153 604. Terán preferencia as familias empadroadas no Concello de Negreira ata completar un máximo de 15 prazas en cada programa lúdico de encontro. 

2017rebuldeiros.jpg

 

voluntariadotalleres.jpg

Trátase dos de Punto de cruz e Técnicas de bordado, así como o de Informática para adultos, todos eles de balde, e con preferencia para  veciñas e veciños empadroados no Concello de Negreira.

 

O primeiro taller en botar a andar vai ser o de Informática para adultos, cuxo comezo está fixado para o venres 29 de setembro, no Telecentro do Centro Sociocultural, en horario de 19 a 20.30 horas. Terá unha periodicidade semanal.

 

En canto aos de Punto de cruz e Técnicas de bordado, informa o Voluntariado Social que o seu inicio programouse para o luns 2 de outubro. Ambolos dous vánse desenvolver todos os luns, en horario de 10.00 a 12.00 horas, no Centro Multifuncional, sito na avenida das Brañas.

 

Para máis información e inscricións, na oficina do Voluntariado Social, na pranta baixa da Casa do Concello, en horario de mañá, ou ben chamando ao número de teléfono: 664 074 674. Trátase dunha oferta con prazas limitadas. 

anadaina2017.jpg

A 10ª edición da Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra» celébrase o sábado día 30 de setembro, cunha camiñada de 25 quilómetros, cunha dificultade media, a través da Ruta dos Tres Pazos (O Cotón, Baladrón e Albariña), duns 16 quilómetros, e co engadido de nove máis unha vez chegados ó punto de partida, polo Camiño de Fisterra, na súa saída de Negreira polo Corpachón ata Zas, e dende alí, por un sendeiro, no que os participantes regresarán a Negreira polo paseo fluvial do río Barcala.

 

Con esta iniciativa preténdese potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra e Muxía, ao seu paso polo noso concello. 

 

Para facer efectiva a inscrición, podes chamar ó número de teléfono 981 885 886 ou enviar os datos a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. A inscrición é de balde. Os datos a cumprimentar son os seguintes: DNI, nome e apelidos; data nacemento; localidade e teléfono de contacto.

 

A data límite para facer efectiva a inscrición é o xoves 28 de setembro as 14:00 h.

CartelNegreira.png

A edición número 38 da Carreira Popular de Negreira xa ten aberta a inscrición de participantes na web da empresa EmeSport. Celébrase o domingo 12 de novembro, con importantes novidades por canto por primeira vez incorpora  un circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo, dunha distancia de cinco quilómetros, polo que a organización pretende dar máis facilidades aos participantes que poderán optar por dúas distancias: 5 quilómetros ou a clásica de 10 quilómetros.

 

A xornada do 12 de novembro comezará coa Carreira de 5 quilómetros, a partir das 10.00h sobre unha distancia de 5.000 metros será para as categorías cadete, xuvenil, xúnior, promesa, sénior, veteranos e superveteranos.

A segunda e principal proba, seguirán sendo os 10.000 metros, cunha dobre volta ao circuito xa implantado na pasada edición, dende a categorías: Xúnior, promesa, sénior, veteranos M35- F35, M40-F40, M45–F45, M50–F50, e superveteranos. A saída dárase ás 10.50 horas.

 

Os atletas deberán aboar a cantidade de 6 euros unha vez fagan a solicitude de inscrición, ata o 15 de outubro, xa que a partir desa data, sobe un euro ata o 31 de outubro, e dende o día 1 de novembro ata o peche de inscricións fixado para o día 8 de novembro, a cantidade a aboar polos participantes será de 10 euros.

 

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa carreira (5K ou 10K).

 

Resto de probas

 

3ª Carreira: Benxamín, alevín e infantil sobre unha distancia de 1.200 metros. A hora de saída será ás 12:05h.

4ª Carreira: Prebenxamín. Distancia de 250 metros e saída ás 12.30 horas.

5ª Carreira: Chupete sobre unha distancia de 200 metros e saída ás 12.50 horas.

Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A Carreira de Negreira está inscrita no Calendario Nacional de carreiras en ruta.

 

As inscricións e consultas do regulamento da 38ª Carreira Popular de Negreira pódense realizar na seguinte ligazón: http://emesports.es/event/xxxviii-carreira-popular-de-negreira/

nenosconcilia.jpg

As familias de Negreira teñen a oportunidade de participar no programa Concilia merendas, que se vai poñer en marcha a partir do mes de outubro, no CEIP O Coto, polas tardes.

 

Ata este venres 29 de setembro pódense formalizar as inscricións e recibir máis información, no Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello, ou por teléfono no 981 886 320.

 

Este programa desenvólvese coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

fundacion270917.jpg

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, na súa condición de presidente do Padroado da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala, e Filomena Casal Gómez, coma presidenta do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, xunto coa presenza do alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso, en calidade de vogal do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, asinaron hoxe na Casa do Concello, o convenio de colaboración polo que a segunda outorga á primeira, unha subvención de 10.000 euros para o desenvolvemento do Programa de mellora do benestar persoal e social. As actividades desenvolveranse durante o ano 2017.

 

A Fundación María Esperanza Rubido Romero ten por obxeto, entre outras, promove-la plena integración escolar, laboral e social das persoas máis desfavorecidas, ademáis de promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade, a través do desenvolvemento de programas e actividades, dirixidos especificamente á atención da infancia e xuventude, ou a calquera outro colectivo en risco de exclusión social.

 

O programa de mellora do benestar persoal e social entre os usuarios/as da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala ofrece actividades para o desenvolvemento das habilidades sociais e de vida no fogar, fomentando a participación na comunidade e integración social dos propios usuarios do seu centro ocupacional. 

futsal_07_08.jpg

Dende o día 3 ata o 18 de outubro está aberto o prazo de inscrición da Liga de Fútbol sala do Concello de Negreira 2016/17.Unha tempada no que se espera haxa unha gran competición con novos equipos e novos retos.

 

Para este ano mantense as mesmas condicións do ano pasado que se indica a continuación:

 

1.- Categoría para xogadores Senior (maiores de 16 anos)

En caso de ser menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais, para poder disputar a liga.

 

2.- Poderán participar todos os equipos, sexan federados ou non e do Concello de Negreira ou de fora del.

 

3.- A inscrición deberán formalizala na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Negreira ata o 18 de outubro de 2017.

 

4.- O prezo para poder participar na Liga é de 270 € + 38 €/xogador (Seguro Obrigatorio)

 

4.- Os equipos deberán entregar a  folla de inscrición que contará cun máximo de 12 xogadores, e deberán aboar a cota de inscrición na seguinte conta: Abanca /  ES33 2008-0305-01-3110000021

 

5.- A reunión terá lugar o xoves 19 de outubro no Telecentro da Casa da Cultura as 21:00 h. nesta reunión os equipos entregarán a ficha de inscrición debidamente cuberta e darase a primeira xornada de liga.

 

6.- Os partidos disputaranse os luns, mércores, xoves e venres, xogándose tres partidos cada día: as 21.00 h., 21:45 h. e 22:30 h. 

 

7.- A competición iniciarase o luns 30 de outubro.

 

O teléfono de información é o 981 885 886 tamén podes enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.