galeuropa16.jpg

Galeuropa, o programa de prácticas laborais non remuneradas subvencionado pola Consellería de Política Social en países europeos, ofrece a 21 candidatos a posibilidade de realizar prácticas en Finlandia, Portugal e Reino Unido. Estan incluidos os gastos da viaxe, a manutención e o aloxamento, así como o seguro de responsabilidade civil, de accidentes e o seguro médico, no caso de que a persoa participante non teña dereito á tarxeta de saúde europea.

 

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade da mocidade, así como as súas competencias profesionais. As prácticas terán unha duración de dous a catro meses, cunha duración mínima de 100 horas mensuais.

A iniciativa está promovida polo concello de Negreira en colaboración co concello do Val do Dubra, e o prazo de inscrición remata o venres 22 de xullo ás dúas da tarde.

cartelcamp.jpg

Xa están ultimados tódolos detalles do Campamento Urbano que o concello de Negreira organiza un ano máis. Celebraráse entre o 1 de agosto e o 15, en dous grupos divididos por idades. Do 1 ó 7 de agosto son as datas para as rapazas e rapaces nados do 2007 ó 2010, e do día 8 ó 15 poderán gozar do campamento os nados do 2001 ó 2006. Un total de sete días nos que os pequenos visitarán o refuxio de Cobas, Pedra Mamoa,o Ézaro, a Coruña, Cerceda e a Costa da Morte. Están programadas tamén diversas actividades, como camiñadas, obradoiros de pintado de camisetas, xogos, ou olimpíadas. 

 

O prezo para o Campamento Urbano é de 60€ por cativo, ou 55€ no caso de inscribirse dous ou máis irmáns. Poderanse facer as preinscricións ata o xoves 28 de xullo na Delegación de Cultura e Deportes do concello.

 

nicrarock2016.JPG

O venres 29 de xullo, o Parque do Coto acollerá os concertos de Closer, Marmota Phil e Brinkadelia Troupe. Un cartel de grupos locais, que se presenta como novidade neste festival polo que xa pasaron artistas de gran recoñecemento.  

A cita, dentro de dúas semanas, será ás once da noite, e haberá servizo de bar. Dende Cultura e Deportes do concello de Negreira, non descartan a realización de máis actividades ligadas a os concertos nocturnos.

libro.jpg

O Concello de Negreira vén de convocar axudas en materia de acción social para o curso 2016-2017 para a adquisición de libros de texto e material escolar. Os destinatarios destas axudas son as familias con menor poder adquisitivo e que teñan cativos matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil en centros públicos do Concello de Negreira.  

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de agosto, e as solicitacións faranse no Rexistro Xeral do Concello de Negreira.

Máis información.

piscina_foto.jpg

O próximo venres celebraráse o peche dos cursos de natación do mes de xullo da piscina municipal de Negreira..  

A cita será ás doce e cuarto da mañá e procederase á entrega dos diplomas. Haberá tamén un sorteo de agasallos para ós participantes que nesta ocasión foron un total de 115.

No vindeiro luns principian os cursiños os rapaces do segundo grupo con idades comprendidas entre os 4 e 16 anos. O concello informa que aínda quedan prazas dispoñibles.

A festa de fin de curso está programada para o 31 de agosto.

 

 

reunion.png

O venres 29 de xullo ás 20:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura unha xuntanza informativa cos pais e os rapaces participantes no campamento urbán do concello. Darase conta das actividades a realizar así como os horarios das mesmas.  

O prazo de inscrición remata hoxe xoves.

Máis información en Cultura e Deportes, teléfono 981 88 58 86.

luar-na-lubre.jpg

Os días 19 e 20 de agosto Negreira prepárase para duas citas importantes na súa axenda musical. Por unha banda o venres 19 o cuarteto de música Clasica "Tetpamop" a partir das 22:00 h. encargarase de dar luz á Pontemaceira na última das citas de "Noites en vela".

Despois das actuacións de Xan Solo´s e Xabier Diaz e as Maianas, Tetpamop volverán a encher de máxia este enclave natural. 

O cuarteto de música clásica creouse coa colaboración de catro estudantes de clarinete do Conservatorio Superior de Vigo en 2014, Amelia Ónega, Martiño Malleiro, Melissa David e Miguel Antonio Costa. Os catro clarinetistas teñen participado  na Semana de Música de Cámara de Vigo, no ano 2014,  no festival Peregrinos Musicais, en Compostela, no ano 2015 ou  no Aldebaran Music Festival 2016, na rexión italiana de Lombardía.

 

XIV Noite Folk

 

Para o sábado 20 de agosto queda a Noite folk, onde duas das formacións máis recoñecidas do panorama folk, como Luar na Lubre e Pepe Vaamonde Grupo, actuarán dentro da 14ª Noite Folk de Negreira. Acompañará a estos dous grupos Queicoa, chegado dende Noia. Os concertos, que comenzarán as dez da noite, celebranse no Refuxio de Cobas, a orillas do río Barcala. 

Luar na Lubre conmemora os seus 30 anos de traxectoria cunha xira presentando o seu derradeiro traballo, "Extra Mundi", coa voz da súa nova solista Paula Rey. Pola súa banda, Pepe Vaamonde Grupo, liderado polo gaiteiro Pepe Vaamonde e o guitarrista Pipo Alvariño, presenta o seu disco "Nas pedras do lar".

aidadefault1.jpg

VOLUNTARIADO-XUVENIL-CARTEL.png