BANDO DA ALCALDÍA

DON JORGE JESÚS TUÑAS CAAMAÑO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NEGREIRA, (A Coruña)

FAI SABER:

 

Que con motivo da próxima celebración das Eleccións a Cortes Xerais 2015, a celebrar o día 20 de decembro de 2015 , procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.

A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral o comprendido entre o 2 e o 9 de novembro próximo, ámbolos dous días inclusive.

 

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listas efectuaranse na  Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 horas ata 14:00 horas.

Para calquer aclaración ou información adicional sobre o particular, pódese comunicar telefónicamente cos números 981 21 74 39/ 981 21 74 26 e  901 101 900.

O que  se fai público para xeral coñecemento

 

Negreira, a 29 de outubro de 2015

Alcalde-Presidente

Jorge J. Tuñas Camaño