ANUNCIO: CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o próximo día  27 de xaneiro de 2016 ás 20.00  horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego.”

Punto Segundo.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Val do Dubra, da Baña, e Negreira  para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego. “

Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Plan Integral para o Emprego.

Punto Cuarto.- POS 2016.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía nº 8/2016, do 15 de xaneiro.

Punto Quinto.- Aprobación, se procede, de bonificación na cota tributaria do ICIO a favor da  AA.VV. San Eutelo de Logrosa.


Negreira, 22 de xaneiro de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño