«Unánime» rexeite á violencia de xénero
Negreira despediu as Xornadas contra a violencia de xénero cunha participativa camiñada polo paseos fluviais ata o Refuxio de Covas e volta á vila, o pasado sábado, reiterando o seu rexeitamento contra calquer tipo de violencia. Foron máis de 250 as persoas que déronse cita no Centro Sociocultural, na convocatoria feita dende o Centro de Información á Muller (C.I.M.), e á que sumáronse representantes das distintas forzas políticas a nivel municipal como o Partido Socialista, o Partido Popular e Cidadáns.
Ao remate da andaina polo paseo fluvial fíxose entrega dos premiios do V Concurso «Loita contra a violencia de xénero»:
· Premio ó mellor relato curto: Iria Freire Agra, de 14 anos e alumna do IES Xulián Magariños polo seu relato ¨Cun pano nos ollos¨. A concelleira de Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, entregoullelo seu galardón consistente nun vale agasallo por valor de 100 euros, a canxear nun establecemento de Negreira.
· Premio ó mellor cartaz gráfico: Nerea García Guzmán, de sete anos e alumna do CEIP O Coto. O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, foi o encargado de entregarllelo seu premio, consistente igualmente nun vale agasallo de 100 euros.
Precisamente, Iria Freire, de Terceiro curso da ESO foi a encargada de ler o manifesto de remate do acto, xunto coas intervencións finais da concelleira, María Jesús Veiga Hortas e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quenes agradeceron en nome do Concello de Negreira, a veciñas/os participantes nos diferentes actos ó longo de toda a pasada semana a súa especial sensibilidade e, en especial ó alumnado participante no concurso, así como a todas/os colaboradores con esta actividade. Coma colofón final serviuse unha chocolatada con rosca.