Torneos de Ximnasia Rítmica

gimnasia ritmica

O sábado 11 de abril, coincidindo coa semana da saúde, o pavillón de Pedra Mámoa vai a albergar o 8º Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica, un evento que contará con máis de 650 deportistas e 28 escolas e clubs de ximnasia rítmica de Galicia e Asturias.

Horarios:
A competición estará dividida en duas partes; pola mañán é a quenda dos participantes de nivel 1 individuais e conxuntos, de nivel 2 individuais e dúos/tríos e pola tarde conxuntos nivel 1 e 2:
De 9:30 h. a 10:54 h. Individuais.

De 11:20 h. a 12:20 h. Dúos/Tríos Nivel 1.

Ás 12:25 h. Entrega de medaias.

De 12:45 h. a 13:43 h. Nivel 2 Individuais.

De 13:45 h. a 13:50 h.

Ás 13:51 h. Entrega de medaias.

De 15:30 h. a 16:52 h. Conxuntos Nivel 2.

Ás 16:53 h. Entrega de medaias.

De 17:20 h. a 19:25 h. Conxuntos Nivel 1.

Ás 19:30 h. Entrega de medaias.

Organización:
A organización do evento corre a cargo do club Marusia e do Club Ximnasia Rítmica Compostela coa colaboración do Concello de Negreira.

Clasificación:
Os equipos mellor clasificados na Fase de Negreira e Burela obterán o pase para a Gran Final que terá lugar no mes de xuño.

Escola Municipal de Ximnasia Ritmica:
Despois de meses de traballo as alumnas das Escola teñen a ilusión de poder mostrar o seu traballo e de seguir progresando nesta disciplina.

Está todo preparado para unha cita que está marcada no calendario como unha das probas deportivas máis importantes do ano, xa que nesta xornada poderemos ver as mellores ximnastas escolares e novos valores de Galicia, nun deporte que destaca pola disciplina, o traballo en equipo e a superación persoal.

IV Torneo Ximnasia Rítmica “Camiño de Santiago” – Bahía Software

O domingo 12 de abril, será o turno deste evento coa presenza de 500 ximnastas de toda Galicia que en horario de mañán loitarán polas medaias.

Organizado polo club Ximnasia Rítmica Compostela co apoio do Concello de Negreira, é unha cita imprescidible para tod@s @s deportistas nos niveis escolar, promoción, prebase e nacional.

Vai a ser unha xornada chea de talento, esforzo e paisón.