Todo preparado para o 18º día da bicicleta

Todo preparado para o 18º día da bicicleta

O Concello organización unha nova edición do Día da Bicicleta, unha marcha de carácter familiar, sostible e solidaria que terá lugar o sábado 12 de setembro en Negreira, con saída desde a chaira do IES Xulián Magariños ás 10.30 horas para os escolares e as 11:00 horas para os adultos.

A concelleira de Deportes, Mar García, convida a cidadanía a sumarse a esta actividade colectiva ao aire libre, que pasará polo centro da vila, chegará ata Logrosa e voltará ao Campo da Feira.

A edil subliñou a importancia que teñen eventos coma este para propiciar o uso de vehículos alternativos, concienciando especialmente as novas xeracións sobre os beneficios de moverse en bicicleta pola paisaxe urbana, no canto do automóbil.

Ademais, a programación polo Día da Bicicleta non rematará coa marcha, xa que o final da xornada tamén haberá sorteos e agasallos.