A segunda Feira de Abril chega o sábado 20

feira.jpg

A asociación Negreira Viva coa colaboración do Concello promove por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Abril, o sábado día 20 na carpa municipal da praza do Concello, a partir das seis da tarde.

 

Haberá actuacións musicais, rebuxito, picoteo, baile e diversión garantida. Trala apertura da caseta, ás 19.00 horas terá lugar a actuación de Elisabeth Peñalver, con voz e baile. O programa segue ás 20.00 horas con concurso de playbacks para o que as persoas interesadas poden anotarse a través das redes sociais de Negreira Viva e inclúe premios para todos os participantes.

 

Metidas xa de cheo na noite da Feira de Abril, a partir das nove chegará un dos momentos máis agardados: o concerto con Sabor flamenco, con voz, guitarra e caixón. E para rematar a festa non faltará a animación musical a cargo de DJ Baby.

 

A organización convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse caracterizados para tan importante ocasión festiva en Negreira.