A rúa Fonte do Carme pecharase ao tráfico o luns 17 de agosto por obras
O proxecto de mellora da rúa Fonte do Carme consistente na renovación de colectores subterráneos e a capa de rodadura, obriga a cortar totalmente á circulación de vehículos, a partir do LUNS 17 DE AGOSTO e durante o tempo que duren os traballos. Igualmente, tampouco poderá estacionarse na rúa e a entrada e saída dos garaxes queda restrinxida puntualmente.
A alternativa para o tráfico será continuando pola avenida de Santiago (tramo Casa Barqueiro e farmacia), con xiro obrigatorio á dereita pola rúa do Carme (Casa do Concello), en dirección contraria ó habitual para logo conectar coa rúa Camiño Vello e a rúa de Castelao.
Vehículos pesados
O tráfico de camións (máis de 3,5 toneladas) polo centro urbano será desviado a través da Variante de Negreira dende a rotonda de acceso na zona de A Barquiña e dende o Campo da Feira.
Cambio parada de bus
Infórmase á veciñanza e visitantes que a parada do transporte de viaxeiros pasará a estar situada provisionalmente e mentres duren as obras, na avenida de Santiago (abaixo de Ferretería Ferreiro), facilitando así, a circulación dos buses de entrada e saída do centro urbano.
Todos os cambios e desvíos alternativos estarán perfectamente sinalizados. Pregamos a colaboración da veciñanza e desculpen as molestias que uns traballos tan necesarios poidan ocasionar.