Retirada dos puntos para renovar o paro

foto-paro

Segundo nos traslada o Servizo Local de Emprego, dende o Servizo Público de Emprego de Galicia lles comunicaron que se vai proceder á retirada dos equipos de información e para renovación do paro.

Desde o departamento de protección de datos da Xunta de Galicia infórmase que a normativa establece restricións que imposibilitan o uso da pegada dixital  nos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia. Tendo en conta o uso e situación actual destes equipos, e o esforzo realizado nestes últimos anos pola Consellería nos que se acadou incrementar enormemente os servizos que se ofrecen de xeito telémático (renovación da demanda por teléfono, app ou web, envío de informes, recuperación de demanda, inscripción a ofertas e formación..); os puntos de información do Servizo Público de Emprego desconectaranse próximamente. En próximas datas acudirá persoal enviado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a súa retirada definitiva.

Desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración están traballando nun proxecto piloto para implementar un novo modelo compatible coa normativa de protección de datos e máis funcionalidades para as persoas demandantes de emprego.