Programa “Xuntos polo Nadal”

xuntospolonadal

A Consellaría de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención sociosanitaria, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 130 prazas na Residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.
  • 140 prazas na Residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.

No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (do 24 de decembro de 2024 ao 30 de decembro de 2024, ou do 31 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025).

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o 24 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025. No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase a opción de media quenda.

Máis información

Para máis información, poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais  do Concello de Negreira