PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2026
O departamento municipal de Servizos Sociais informa da apertura do prazo para solicitar a participación na convocatoria do programa de Benestar en Balnearios 2026 da Xunta de Galicia. Este programa ofrece estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa en balnearios de Galicia, desde o 15 de xullo ata o 31 de decembro de 2026.
A quen vai dirixido
O programa está dirixido a persoas de 60 anos ou máis, o ben de 55 anos ou máis que posúan a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social. As persoas solicitantes poderán ir acompañadas do seu conxuxe ou parella de feito , dun fillo ou filla cun grao de discapacidade igual o superior ao 33% (que poida acudir sen apoio de terceira persoa e se desprace con autonomía), ou de calquera outra persoa coa que desexen participar que cumpra integramente os requisitos.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición permanece aberto desde o 27 de maio ata o 26 de xuño de 2026.
Onde se solicita a praza
Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A): sede.xunta.gal. Tamén se pode solicitar presencialmente en calquera rexistro oficial presentando o impreso de solicitude e a documentación correspondente, que se pode consultar e descargar na sede electrónica ou na web: politicasocial.xunta.gal.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Negreira.