
PRESENTACIÓN DO NICRAROCK 2025

D'Crooners
D'Crooners é una banda que se adica a versionar éxitos da música dos anos 60, 70, 80 y 90, cun enfoque no soul, rock, pop latino, jazz.
Michael J. Rey frontman , Marcos Gómez a guitarra, Juan Pérez Villavicencio ao baixo , Juan Sebastián a bateria e Deby Silva como segunda vocalista forman esta banda de luxo.
A banda busca recrear a atmósfera de épocas douradas da música, incluindo temas de artistas como Elvis Presley, Tom Jones, Tina Turner e grupos como Pink Floyd, Toto ou U2.
Definense ademais pola súa pasión e bo gusto ao interpretar os clásicos, convertendo cada actuación nunha experiencia única. O seu repertorio é versátil, con diferentes estilos e épocas, co obxetivo de conectar co público e facerlles revivir momentos memorables.
En resumen, D'Crooners é una banda que ofrece música en vivo cun enfoque nos grandes éxitos do século XX, cun estilo versátil e apasionado, ideal para calquer tipo de evento.
LOITA AMADA
Loita Amada esta composta polos músicos Jásper a guitarra e voz, Amós Varela a bateria, Xiana Naval ao trombón , o baixista Alberte Fernández, o guitarrista Davide Salgado e a trompetista Ana Novo.
Este proxecto novidoso xorde da canción protesta galega. O seu obxectivo é conducir este estilo a ocupar novos espazos e sonoridades.
Loita Amada é a nova poesía galega e xa dende o primeiro disco puidemos gozar desa dualidade: amor e loita, a que nos ten acostumados Jásper e que queda reflexada á perfección co nome da banda.
Todo isto mesturando estilos que van dende a muiñeira ao vals, dende a xota ao rock forte.
Toda unha declaración de intencións e un golpe na mesa, reivindicándose como unha das bandas con maior proxección dentro da actual escena musical galega.
POI
O artista galego Tonhito de Poi co seu proxecto musical que combina rock, electrónica e chamanismo, cunha forte mensaxe de respecto á natureza e á identidade galega.
«É un proxecto que xorde de moitos anos de amizade e de traballar xuntos. A música de POI ten tres ingredientes: rock, electrónica e unha parte mística que conecta coa natureza e co animismo, como facían os nativos da selva», explica Toñito.
O grupo está composto por Tonhito de Poi (voz e guitarra), Cristina Morquillas (teclados e produción), Mr. Vieito (batería) e Pache Cruz (baixo). Todos eles aportan o seu talento para crear un son que, segundo os seus integrantes, busca transportar ao público a un universo sonoro único.
«Chamámoslle ‘Poi Floyd’ porque temos moita influencia de Pink Floyd, sobre todo na parte máis atmosférica e psicodélica», comenta Morquillas.
