Pleno ordinario de xullo
Comunícase que a Corporación Municipal de Negreira celebrará Pleno en sesió ordinaria, o luns día 14 de xullo de 2025, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello coa seguinte orde do día:
Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 149/2025 ó nº 236/2025, ambos inclusive.
Segundo.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 230/2025, de 30 de xuño, relativo á Política de Seguridade (ENS).- Expediente núm. 2025/G003/000249.
Terceiro.- Cesión gratuita ó Servizo Galego de Saúde do Centro de Saúde e a parcela na que se atopa.-Expediente núm. 2025/U048/000001.
Cuarto.- Corrección de erros no Orzamento Municipal para o exercicio 2025.- Expediente núm. 2025/T002/000002.
Quinto.- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos facultativos nas obras municipais.- Expediente núm. 2025/G016/000003.
Sexto.- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.-Expediente núm. 2025/G016/000004.
Sétimo.- Moción do Bloque Nacionalista Galego de Negreira (BNG) relativa ó “Rexeitamento da subida do canon de SOGAMA e por un novo modelo de xestión de residuos”.
Oitavo.- Rogos e preguntas.