Pleno ordinario de xaneiro
A Corporación Municipal de Negreira celebra o luns, día 12 de xaneiro de 2026, a partir das 20:00 horas, unha sesión ordinaria do Pleno coa seguinte orde do día:
Primeiro.- Aprobación das actas seguintes:
1. Acta da sesión constitutiva de data 17/06/2023.
2. Acta da sesión extraordinaria de data 26/06/2023.
3. Acta da sesión ordinaria de data 13/05/2024.
4.Acta da sesión extraordinaria de data 14/06/2024.
5. Acta da sesión ordinaria de data 08/07/2024.
6. Acta da sesión ordinaria de data 09/09/2024.
7. Acta da sesión extraordinaria e urxente de data 13/09/2024.
8. Acta da sesión extraordinaria de urxente de data 24/09/2024.
9. Acta da sesión extraordinaria de data 27/09/2024.
10. Acta da sesión ordinaria de data 11/11/2024.
11. Acta da sesión ordinaria de data 13/01/2025.
Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 356/2025 ó nº 440/2025, ambos inclusive.
Terceiro.- Conta xeral da Fundación para a protección de discapacitados psíquicos comarca de Barcala correspondente ó exercicio 2024. Expediente Núm. 2025/T004/000003.
Cuarto.- Recoñecemento extraxudicial de créditos. Expediente Núm. 2025/X999/000070.
Quinto.- Orzamento municipal 2026. Expediente Núm. 2025/T004/000004.