Pleno ordinario de setembro
O Concello de Negreira informa da convocatoria da sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o luns 14 de setembro de 2026, ás 21.00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
A sesión desenvolverase conforme á seguinte orde do día:
- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos desde o último Pleno ordinario, correspondentes aos números 284/2026 ao 362/2026, ambos inclusive.
- Ratificación do Decreto de Alcaldía núm. 283/2026, de 2 de xullo de 2026, relativo á aprobación do proxecto “Aglomerado Pedra Mámoa”.
- Ratificación do Decreto de Alcaldía núm. 304/2026, de 24 de xullo de 2026, e, en consecuencia, da addenda ao Convenio do Obradoiro Dual de Emprego “Valora 2026”.
- POS+Adicional 2/2026 (2ª fase).
- Proposta de acordo formulada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en relación co novo modelo de financiamento autonómico.
- Rogos e preguntas.
A convocatoria foi realizada mediante Decreto de Alcaldía, de conformidade coa normativa reguladora do réxime local.